Lun, 25 Xul 2022, 11:24
Asunto: Re: VIII CARREIRA CARNEIRO O ESPETO MORAÑA 24/07/22
Pois despois de correr onte en Moraña dar as grazas a organización, voluntarios e colabordadores.
Respecto a proba, durecha como comentabades, pero menos do agardado, ainda que por veces a calor facíase notar.
Onte non tiven un bo día para correr, atopábame canso de máis, debeu influir que me deitei pasadas as 3 da mañán por que saimos e despois houbo que madrugar, xa que a carreira foi as 10:30, unha hora ideal para correr no verán.
Saida da carreira a carón da carballeira onde se celebra a festa que da nome a esta carreira e que van celebrar o vindeiro finde, xa estaban preparadas as mesas.
Como reseñable ten un par de costas durechas sendo un continuo sube e baixa, ainda que hay varios tramos chanciños.
Quizáis o máis salientable da carreira sexa a falta de mts. respecto os 10 Kms. que publicitaban, non me chegou nin os 9, algo que agradecín, xa que non fun nada cómodo en gran parte da carreira.
Para rematar un gran avituallamento, do cal sólo collemos uns cantos vasos de auga e uns anacos de sandía polo fresca que estaba.
Fúmonos duchar, tomamos algo de camiño en Caldas de Reis, e para casiña, xa que había festas no noso pobo.