Foros ›
XXXIII Milla de San Miguel - 5km
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
MilerVintageRunningClub

Foreiro infantil
Foreiro infantil
16/11/13
0 Carreiras
93 Mensaxes
Marín
Respostar citando Envío Mar, 13 Set 2022, 10:03
Asunto: XXXIII Milla de San Miguel - 5km

REGULAMENTO

XXIII MILLA URBANA SAN MIGUEL DE MARÍN.
O Concello de Marín e o Club San Miguel de Marín organizan a XXIII Milla Urbana San Miguel de Marín o sábado 24 de setembro ás 17:00 horas.
A proba terá lugar no circuíto da Avenida de Ourense, nas inmediacións á Alameda Rosalía de Castro e estará baixo o control do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.
Haberá 4 probas deportivas diferenciadas:
➢ MILLA ELITE MASCULINA E FEMININA.
➢ MILLAS POPULARES MASCULINAS E FEMININAS.
➢ CARREIRAS DE CATEGORÍAS MENORES.
➢ CARREIRA POPULAR DE 5 KMS.

1. PARTICIPACIÓN.
Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licenza federativa.

2. CATEGORÍAS.
As categorías fixadas pola organización son as seguintes:

CATEGORÍAS ESCOLAR.
BIBERÓNS - 60 metros. (2020 – 2021 - 2022) (0-1-2 cumpridos no ano).
PITUFOS - 100m aprox. (2017 - 2018 – 2019) (5-4-3 cumpridos no ano).
PREBENXAMÍN/sub 8 - 200m aprox. (2015-2016) (7-6 cumpridos no ano).
BENXAMÍN/sub 10 - 500m aprox. (2013 - 2014).
ALEVÍN/sub 12 - 500m aprox. (2011 - 2012).
INFANTIL/sub 14 - 1000m. (2009 - 2010)
CADETE/sub 16 - 1000m. (2007 - 2008)

CATEGORÍAS DA MILLA.
XUVENIL /sub18 – Milla. (2005-2006)
JUNIOR /sub20 – Milla. (2003-2004)
SÉNIOR - SUB 23. Milla. 2002 ata 34 anos.
MASTER A. Milla. 35 a 44 anos.
MASTER B. Milla. 45 a 54 anos.
MASTER C. Milla. 55 en adiante.

CATEGORÍAS DO 5KM
Xuvenil /sub18. (2005-2006)
Junior /sub20. (2003-2004)
SÉNIOR - SUB 23. 2002 ata 34 anos.
MASTER A. 35 a 44 anos.
MASTER B. 45 a 54 anos.
MASTER C. 55 en adiante.

3. INSCRICIÓNS.
As inscricións serán gratuítas para todas as categorías. Deberán formalizarse a través de carreirasgalegas.com antes das 23:59 horas do mércores 21 de setembro de 2022.
As categorías biberóns, Pitufos, Prebenxamín poderán inscribirse o mesmo día da proba ata as 17:30 horas e as categorías Sub 10, Sub 12 ata unha hora antes do inicio da súa proba, na Alameda Rosalía de Castro.

4. ENTREGA DE DORSAIS
A entrega de dorsais se realizará a partir das 15:30 horas na Alameda Rosalía de Castro.

5. HORARIO
Hora / categoría / distancia
17:00h. sub 10 Feminino 500 m
17:10h. sub 10 Masculino 500 m
17:20h. sub 12 Feminino 500 m
17:30h. sub 12 Masculino 500 m
17:40h. sub 14 Feminino 1000 m
17:50h. sub 14 Masculino 1000 m
18:00h. sub 16 Feminino 1000 m
18:10h. sub 16 Masculino 1000 m
18:20h. Biberóns, Pitufos, Prebenxamín 60 m -100 m-200 m aproximadamente.
18:30h. 5 Km de sub 18 a Master C ( Masculina e Feminina): 5000 m.
19:10h. Milla popular / Federada sub 18-sub 20, Senior Masculina e Feminina 1609 m.
19:20h. Milla popular / federada Master A, B e C. Masculina e Feminina 1609 m.
19:30h. Milla Élite feminina 1609 m.
19:45h. Milla Élite masculina 1609 m.
20:00h. Entrega de premios.
*o horario poderá ser modificado en función do número de inscritos.
*Nas Millas Élite se admitirán ata 25 mulleres e 25 homes, pasando a correr a proba popular aqueles non admitidos.

6. PREMIOS
• MILLA ELITE MASCULINA E FEMININA
Medallas aos 3 primeiros atletas femininos e masculinos. Sendo obrigatorio acudir ao protocolo de premios ao podio. No caso contrario, non se entregará a medalla.
• Premios en metálicos:
MASCULINA / FEMININA
1º POSTO 200 € / 200 €
2º POSTO 150 € / 150 €
3º POSTO 100 € / 100 €
4º POSTO 75 € / 75 €
5º POSTO 50 € / 50 €
6º POSTO 25€ / 25€
*Estes premios están suxeitos ás taxas e impostos legais.

• MILLAS POPULARES MASCULINAS E FEMININAS.
Medallas aos 3 primeiros atletas femininos e masculinos desde categoría SUB18 ata Master C. Sendo obrigatorio acudir ao protocolo de premios ao podio. No caso contrario, non se entregará a medalla.

• CARREIRAS DE CATEGORÍAS MENORES.
Medallas aos 3 primeiros atletas femininos e masculinos desde categoría sub 10 ata sub 16. Sendo obrigatorio acudir ao protocolo de premios ao podio. No caso contrario, non se entregará a medalla.
Medallas para as categorías Biberóns, Pitufos, Prebenxamín ata fin de existencias.

• CARREIRA POPULAR DE 5 KMS (CIRCUÍTO DE 1 KM).
Medallas aos 3 primeiros atletas femininos e masculinos desde categoría SUB 18 ata Master C. Sendo obrigatorio acudir ao protocolo de premios ao podio. No caso contrario, non se entregará a medalla.

OUTRAS CONSIDERACIÓNS REGULAMENTARIAS.
1. Servizo de duchas nos Pavillóns Municipais da Cañota.
2. Todo/a corredor/a que chegue á meta sen o seu dorsal ou non o leve colocado de xeito correcto na zona anterior do corpo, poderá ser descualificado.
3. Será responsabilidade dos atletas levar consigo 4 imperdibles para a colocación do dorsal.
4. A proba rexerase pola regulamentación de Seguridade Vial do Estado e da Comunidade Autónoma de Galicia, que establece os requisitos esixidos para a celebración de probas deportivas na vía urbana (Real Decreto 1428/2003 do 21 de novembro, publicado no BOE no 306 do 23 de decembro de 2003 sobre a ocupación da vía pública; e o Real Decreto 849/1993 do 4 de xuño de 2003, sobre a contratación do seguro de responsabilidade civil e de accidentes).
5. Os atletas estarán amparados por un seguro de responsabilidade civil e de accidente deportivo.
6. A proba contará cos servizos sanitarios esixidos na lexislación vixente.
7. Os únicos vehículos que poderán seguir a proba, serán os autorizados pola organización.
8. Toda persoa que corra sen estar inscrita, farao baixo a súa responsabilidade e non poderá participar de trofeos nin obsequios. Tampouco estará amparada polos seguros da proba.
9. A organización da proba resérvase o dereito a modificar horarios e ou percorridos, así como aprazar ou suspender a carreira se así o estima oportuno por razóns de seguridade.
10. O atleta inscrito declara que está en bo estado físico e ten pasado os pertinentes
recoñecementos de saúde.
11. A participación de atletas estranxeiros e de outras federacións autonómicas rexerase de acordo co disposto no artigo 17 da Sección Terceira do Capítulo Segundo do Título II do “Reglamento de Competiciones” da Real Federación Española de Atletismo (RFEA): www.rfea.es/normas/pdf...icion.pdf.
12. A participación implica a total aceptación deste regulamento, e o descoñecemento do
mesmo non exime do seu obrigado cumprimento.
ASISTENCIA MÉDICA: A organización contará con servizos médicos e ambulancia na zona
de saída/meta. Os servizos médicos e o xuíz árbitro da competición están facultados para
retirar da carreira a calquera participante que manifeste un mal estado físico durante o
desenvolvemento da mesma.
SEGURO: Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade
Civil e accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como
consecuencia directa do desenvolvemento da proba. Quedan excluídos os casos derivados
dun padecimiento latente, imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa da
competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo desprazamento ao
lugar da competición ou desde o mesmo. A inscrición implica ler, entender e adquirir o
compromiso que a continuación se expón: Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de
toda responsabilidade que da participación no evento puidese derivarse, á organización,
patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e demais organizadores. Coa realización da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de imaxe á organización,
que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.
ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO: Todos os participantes, polo feito de inscribirse e tomar a saída na carreira, aceptan o presente regulamento, e no caso de dúbida ou de xurdir alguna situación non prevista no mesmo, resolverase de acordo ao que dispoña o Comité Organizador e polas normas da FGA, RFEA e WA en vigor.
LOPD: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licenza de día e ranking popular de probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avenida de Glasgow 13 15008 A Coruña..
MilerVintageRunningClub

Foreiro infantil
Foreiro infantil
16/11/13
0 Carreiras
93 Mensaxes
Marín
Respostar citando Envío Lun, 19 Set 2022, 16:21
Asunto: Re: XXXIII Milla de San Miguel - 5km

• MILLA ELITE MASCULINA E FEMININA
Medallas aos 3 primeiros atletas femininos e masculinos. Sendo obrigatorio acudir ao protocolo de
premios ao podio. No caso contrario, non se entregará a medalla.
• Premios en metálicos:
MASCULINA / FEMININA
1º POSTO 200 € / 200 €
2º POSTO 150 € / 150 €
3º POSTO 100 € / 100 €
4º POSTO 75 € / 75 €
5º POSTO 50 € / 50 €
6º POSTO 25€ / 25€
*Estes premios están suxeitos ás taxas e impostos legais.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos