Foros ›
Re: MITJA MARATO CAMBRILS 26/02/23 (CRÓNICA)
Foros de debate / Carreiras fóra de Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
491 Carreiras
3764 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 28 Dec 2022, 21:10
Asunto: Re: MITJA MARATO CAMBRILS 26/02/23 (CRÓNICA)

Pois toca por novos obxetivos para o vindeiro ano e un deles é o de retomar o reto dunha media maratón en cada provincia e como o 22 de Xaneiro tocará ir a Viana e o 12 de Febreiro temos a de Coruña, non tiña moito máis chance entre as medias públicadas ata o de agora, xa que na maioría desas provincias xa corrín.
Así que me decantei por esta media, a cal promocionan como a máis plana de Cataluña, a min esta circunstancia agora nin me vai nin me ven.
Percorrido de 2 voltas, xa que tamén fan un 10 k, paralelo, sendo basicamente pola zona litoral deste pobo, con saida e remate na praza do Concello.
Reservado vuelo e a espera de buscar aloxamento en Tarragona e a inscripción neste momento a 18'9 vai por tramos, pero non de data, se non de cantidad de dorsais ata 500, ata 1000 e 1500 que é o tope, así que a deixarei para un pouco máis adiante, non vai a ser.
Toda a información na sua páxina web mitjadecambrils.com/


Última edición por Kurty o Mar, 28 Feb 2023, 21:50; editado 1 vez
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
491 Carreiras
3764 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 05 Feb 2023, 12:58
Asunto: Re: MITJA MARATO CAMBRILS 26/02/23

Acabo de inscribirme e como xa hai dende bastantes días máis de 500 inscritos, xa paguei 19€ ca propina de 1€ de licencia e 0'90 de gastos de xestión, total 20'90€.
Antes da pandemia, pasaban sobradamente dos 100 inscritos, non sei este ano como será.
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
491 Carreiras
3764 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 28 Feb 2023, 19:06
Asunto: Re: MITJA MARATO CAMBRILS 26/02/23 (CRÓNICA)

Pois xa de regreso de Cataluña, imos facer crónica desta nova media que corrín.
Moi boa organización en liñas xerais, xa que daban a opción anticipada de recollida de dorsal en Tarragona no Decatlon o venres pola tarde (tiñas que rexistrar a tua asistencia) cousa que xa fixen eu, ou o sábado e Domingo día da carreira en Cambrils.
A xornada do Domingo empezou cedo, xa que fun en bus e ainda que había un que chegaba a Cambrils as 9:30, non quixen arriscar unha incidencia, polo que collín o bus as 7:15, que daba unha gran volta para chegar a Cambrils, as 8:10 xa estaba almorzando (pan tumaca) nun bar cerquiña da saida, conforme pasaba o tempo o bar encheuse de corredores, así que cando faltaban 40 minutos fun a prepararme e deixar as cousas no gardarroupa.
Mañán fría e con algo de vento, así que despois dun pouco de quecemento fun para a saida. Situeime bastante ben e tiña moi preto as liebres de 1h30 e 1h35, como en Coruña fixen 1h36 decidín ir ca de 1h35 para ir relaxado en carreira, xa que tanto o venres como o sabado fixera unhas grandes pateadas por Barcelona e Tarragona.
Así que dan a saida e os primeiros 800 mts. todo baixar, así que a lebre sae disparada e escapase, non me preocupe cando xiramos a esquerda para encarar o paseo marítimo e llanear debe levarme uns 20 mts. e van caseque pegadas as lebres de 1h30 e 1h35, o pouco xa engancho a cola e ahí me quedo, vou moi cómodo tanto de peito como de pernas. Como non vou moi a gusto tan atrás do grupo, vou gañando posicións ata poñerme detrás dos 2 mozos que marcan o ritmo, todos os Kms. ata o 5 entre 4'20 e 4'25 (os parciais máis rápidos de toda a carreira), nos avituallamentos do 5 e o 11 adiantome un pouco para non sufrir atrancos, xa que daban as bebidas en vaso, isotónico e auga.
O percorrido é basicamente 2 voltas polo paseo, exceptuando o tramo da saida, que no 10 temos que subir, ese e o peor Km. de toda a carreira en 4'32" (eses 5 Kms. entre 4'24 e 4'32), por que fumos regulando na subida. Eu sigo moi cómodo, falando e comentando cousas de vez en cando, pero expectante a como responderían as pernas a partir do 16, que é cando damos a volta, e que ben ir protexidos en grupo, xa que pegaba bastante o aire en contra (a favor non o notamos Moi feliz ), os ritmos
do 10 o 15 moi homoxeneos entre 4'22" e 4'25, e indo moi ben.
os kms. ata o 20 similares excepto o 17 que se foi a 4'30, e como ia moi cómodo, xusto no 20 tras avisalo, decido sair do grupo con moita forza, pero cando levaba uns 100 mts. empezaron a vir unhas rachas de vento que non se notaban no grupo, pero dixen agora non vou a recuar, e seguín adiante, menos mal que xiramos a dereita e acabouse o aire, pero agora viña a subida de 800 mts. ata meta, primeira parte máis suave cun pequeno descansiño a metade da mesma, ahí fun adiantado por varios do grupo que ian moi rápidos, tampouco tentei seguir a ningún, pero no k21 con subida fixen o mellor parcial 4'18.
Así que moi contento co tempo de 1h34'29" oficial 11 segundos menos no neto para 21.400 mts. que me marcou.
Avituallamento final de auga, isotónico e plátano, con servicio de fisios, duchiña no pabellón a carón da meta e a comer un fideua.
Unha máis para a saca.
lihto

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
12/06/11
654 Carreiras
4770 Mensaxes
K-pax
Respostar citando Envío Xov, 02 Mar 2023, 13:53
Asunto: Re: Re: MITJA MARATO CAMBRILS 26/02/23 (CRÓNICA)

Enhorabuena por otra media más,y por el tiempo,me alegra ver que el gemelo responde,y gracias sobretodo por la crónica.
Kalimero

Foreiro Senior
Foreiro Senior
7/02/10
0 Carreiras
481 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 24 Mar 2023, 15:20
Asunto: Re: MITJA MARATO CAMBRILS 26/02/23 (CRÓNICA)

Moitas grazas por compartir a crónica.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos