Foros ›
V MEDIA MARATÓN CIDADE DE LUGO 14/05
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
492 Carreiras
3772 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 01 Mai 2023, 20:05
Asunto: V MEDIA MARATÓN CIDADE DE LUGO 14/05

Pois se non mirei mal, a 12 días e medio da sua celebración, non hai tema aberto.
Eu só participei na sua 1ª edición, e estiven ollando os temas doutras edicións e parece que mellorou bastante, sobre todo no referente o percorrido, que agora é homologado.
Inscripción en Championchip, con 475 inscritos ata o de agora que está a 25 eurazos, eu anoteime a 18 € o día que cambiaba de prezo.
Se alguén quere comentar algo sobre a mesma estarei atento.

mmcidadelugo.com/
Xertiz

Foreiro infantil
Foreiro infantil
12/04/22
0 Carreiras
110 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 02 Mai 2023, 6:53
Asunto: Re: V MEDIA MARATÓN CIDADE DE LUGO 14/05

Eu se non hai novidade tamén estarei por alí. Faremos finde cultural-deportivo meu fillo máis eu. Aínda que sen carreiras de menores tocaralle animar!!
A miña primeira participación nesta Media. Certamente somentes corrín unha vez en Lugo nunha carreira de hai anos que se corría de noite pola muralla organizada por E-on, ou algo así.
Co tema dos prezos por tramos bufff!!! As veces hai demasiada diferencia de prezos e ao final non vas á carreira xa que ao inscribirse con moita antelación arriscaste a non poder ir e perder os cartos.. Eu por exemplo dependo dos horarios dos partidos de baloncesto do meu fillo que xeralmente saen na semana da carreira
Entendo que as organizacións necesiten ter unha previsión de participación pero penso que moitas deberán darlle unha volta ao tema.


Última edición por Xertiz o Mar, 02 Mai 2023, 10:07; editado 1 vez
anarky

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
14/01/09
136 Carreiras
2237 Mensaxes
Becerreá (Lugo) e Vilaboa
Respostar citando Envío Mar, 02 Mai 2023, 7:13
Asunto: Re: V MEDIA MARATÓN CIDADE DE LUGO 14/05

Bos días,

seguro que está homologada ¿?

www.24gramos.blogspot.com
Nes

Foreiro Senior
Foreiro Senior
2/07/12
550 Carreiras
622 Mensaxes
Lugo
Respostar citando Envío Xov, 04 Mai 2023, 9:56
Asunto: Re: V MEDIA MARATÓN CIDADE DE LUGO 14/05

Es cierto que ha ido mejorando edicion a edicion. A mi correr por mi ciudad me encanta, pero para la gente de fuera de Lugo creo que puede ser una prueba muy atractiva por el entorno y en una ciudad con muchos alicientes para acercarse, monumentos, gastronomia, diversion, buenas noches, etc....
La prueba es bastante plana y agradable con un circuito de 10 K que se hace dos veces, tiene alguna pequeña cuesta necesaria para poder recorrer la ciudad y pasar por el centro historico, catedral, concello, muralla, etc...
Animaros y venir a correrla, os esperamos.
(Parezco un guia turistico...jejejejeje)
Kalimero

Foreiro Senior
Foreiro Senior
7/02/10
0 Carreiras
481 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 04 Mai 2023, 12:49
Asunto: Re: V MEDIA MARATÓN CIDADE DE LUGO 14/05

Participé en varias ediciones. Las carreras de Lugo siempre están bien organizadas y tienen un buen ambiente.

Suerte a los participantes!

Este año no reuní ánimos para inscribirme. Efectivamente, el cambio de precio con tanta antelación me echó para atrás. Además de la consabida sobretasa que nos piden a los no residentes, y que obliga a apelar al compañerismo de los foreros para darle esquinazo.
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
492 Carreiras
3772 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 04 Mai 2023, 18:02
Asunto: Re: V MEDIA MARATÓN CIDADE DE LUGO 14/05

Nes, graciñas por promocionar a media (sitios preciosos por onde pasa), pero xa rematou con moita antelación o prazo para inscribirse, estaba posto ata o día 02 e ampliaron ata onte, asi conseguiron pasar dos 500 inscritos, exactamente 501, coma os Levis, e outros 220 na 10 K. magoa de non facer a saida conxunta, estes saen 15 minutos antes, estaríamos bastante máis acompañados durante a metade da proba.
Respecto a non entrega de dorsais o día da carreira, é un handicap para a xente de lonxe, a min na 1ª edición recolleumo un foreiro, este ano como dan a opción de recollelos nos centros opticalia das grandes cidades, como traballo en Santiago non teño problema,
Xa queda poco para correla 9 días e medio redondeando.
Xertiz

Foreiro infantil
Foreiro infantil
12/04/22
0 Carreiras
110 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 05 Mai 2023, 6:45
Asunto: Re: V MEDIA MARATÓN CIDADE DE LUGO 14/05

Si, o de non poder recoller os dorsais o día da proba eu tampouco o entendo. E ter que oagar un imposto revolucionario como ja San Martiño por recollelo nun punto habilitado tampouco. Ao fin entre pechar pronto inscrición, subida esaxeradamente nos tramos de prezos e non poder coller dorsal o propio día pois son todo dificultades.Eu irei co meu fillo a pasar a finde xa que queremos turistear e o fomento iremos ao partido do Breogán, así que terei que correr rápido a media para chegar ao principio jajaja!!
Pero unha mágoa unha participación tan baixa. E si. A saída conxunta era o seu
maniso

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
4/03/14
1 Carreiras
225 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 06 Mai 2023, 9:54
Asunto: Re: V MEDIA MARATÓN CIDADE DE LUGO 14/05

Xertiz escribió:
Si, o de non poder recoller os dorsais o día da proba eu tampouco o entendo. E ter que oagar un imposto revolucionario como ja San Martiño por recollelo nun punto habilitado tampouco. Ao fin entre pechar pronto inscrición, subida esaxeradamente nos tramos de prezos e non poder coller dorsal o propio día pois son todo dificultades.Eu irei co meu fillo a pasar a finde xa que queremos turistear e o fomento iremos ao partido do Breogán, así que terei que correr rápido a media para chegar ao principio jajaja!!
Pero unha mágoa unha participación tan baixa. E si. A saída conxunta era o seu

Son varios os factores que provocan a baixa participación .Un,evidentemente, é non poder coller o dorsal o día da proba. Pero para min o principal motivo é o desastre do ano pasado cando saen 600 metros menos da distancia .Moito traer a Reyes Estevez de padriño para logo facer esa desfeita cando venderon que estaba homologada.É a quinta edición e xa vamos polo quinto percorrido distinto.Sen mencionar o nulo mimo ó corredor. Ou moita cambia ou é unha carreira abocada á desaparición.Unha pena porque Lugo é cidade de corredores con moito potencial.
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
492 Carreiras
3772 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 11 Mai 2023, 19:38
Asunto: Re: V MEDIA MARATÓN CIDADE DE LUGO 14/05

Xa teño o dorsal no meu poder, hoxe pola mañán chegoume unha mensaxe o móvil, decíndome que xa o tiña en opticalia das Cancelas, e pola tarde xa o fun recoller, xa ven co chip incorporado, polo que non teremos que usar o chip amarelo.
Xustamente 2 días e medio para a saida, hoxe derradeiro adestramento, 12 Kms. suaviños, seis ca cadela e 6 eu só un pouco máis vivos.
Xertiz

Foreiro infantil
Foreiro infantil
12/04/22
0 Carreiras
110 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 11 Mai 2023, 20:07
Asunto: Re: V MEDIA MARATÓN CIDADE DE LUGO 14/05

Eu tamén o collín hoxe. Eu saírei mañá pola tardiña correr e o sábadoun ratiño antes de sair cara Lugo. Certamente tampouco teño ningún obxectivo concreto de tempo ou similar para o domingo máis que pasar unha mañá divertida correndo por Lugo e facer uso do vale que deron para o fin da carreira!!! Eso si, todo un pouco a correr para ir ao partido do Breogán.
mssu

Foreiro infantil
Foreiro infantil
6/06/12
1 Carreiras
91 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 13 Mai 2023, 6:40
Asunto: Re: V MEDIA MARATÓN CIDADE DE LUGO 14/05

Yo mañana haré el 10K pero he estado repasando el recorrido y tiene pinta de que repetiré en el futuro para hacer la media. A ver cómo va.
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
492 Carreiras
3772 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 13 Mai 2023, 12:08
Asunto: Re: V MEDIA MARATÓN CIDADE DE LUGO 14/05

Acabo de ver que non se pode levar portadorsal, o dorsal ten que ir no peito con imperdibles.
E vanse restrinxir as prazas de aparcamento na zona próxima a saida.
Por onde se poderá aparcar entón nas proximidades? Graciñas.
Nes

Foreiro Senior
Foreiro Senior
2/07/12
550 Carreiras
622 Mensaxes
Lugo
Respostar citando Envío Sáb, 13 Mai 2023, 13:57
Asunto: Re: V MEDIA MARATÓN CIDADE DE LUGO 14/05

Al lado de la salida hay dos aparcamientos (de pago) el de la plaza de la Constitución y el del Seminario. Además, ya en calle, aunque un poco mas lejos en la zona de Aceña de Olga, cerca del nuevo auditorio no queda lejos y hay sitio de sobra, por la zona de la plaza de Bretaña y calle Dinan también hay muchos aparcamientos, aunque es mas complicado llegar.
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
492 Carreiras
3772 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 15 Mai 2023, 16:29
Asunto: Re: V MEDIA MARATÓN CIDADE DE LUGO 14/05

Esta media superou as miñas expectativas despois de correla onte, (só correra a 1ª edición) moi boa a organización en todos os aspectos, un percorrido variado e moi corrible para facer un bo tempo, co aliciente de pasar por todos os sitios emblemáticos desta bonita cidade, pechada ó tráfico para nos, a que lle pudemos dar 2 voltas para o noso disfrute particular.
Chegada con 45 minutos de antelación a Lugo, e sorprendentemente atopamos sitio onde aparcar a 300 mts. da saida. demos un paseiño ata a Praza Maior, e tocaba prepararse, os rituais de sempre, un moi breve quecemento e xa nos chaman para os caixóns.
Saida da parte media cara atrás e co obxetivo de baixar de 1h39', primeiro Km. o máis lento da media en 4'46", para ir collendo ritmo, e xa imos aumentando paulatinamente o ritmo, indo moi cómodo toda a carreira, notando que teño un puntiño máis, (pero se todo vai ben teño en mente facer 3 medias máis nas vindeiras 8 semanas e non é cuestión de forzar de máis).
Os Kms. vanme pasando moi rápidos, podendo facer 8 Kms. por debaixo de 4'30' e os de subida que había varios por riba de 4'41" e rematando moi enteiro a carreira en 1h37'13" oficial, para 21'260 Kms. polo meu gps.
Despois de cambiarme, outro paseo ca muller pola cidade e a xantar un cachopo para recuperar do esforzo, depois outra voltiña e a eso das 18 tocou tirar para casa que ainda tiñamos un boa tirada.
Como consideracións finais, unha magoa que non houbera máis participantes, xa que é unha carreira que os merece.
Ainda que como xa comentamos ten os handicaps de non entregar dorsais o día da carreira, o cambio de tarifa de 18 a 25 euros 20 días antes da celebración e o peche de inscripcións tamén con moita antelación, 11 días antes.
Coñecín o foreiro Nes en medio da carreira, un prace saudarte.
E quedei moi contento e se podo voltarei o vindeiro ano.
Nes

Foreiro Senior
Foreiro Senior
2/07/12
550 Carreiras
622 Mensaxes
Lugo
Respostar citando Envío Lun, 15 Mai 2023, 17:36
Asunto: Re: V MEDIA MARATÓN CIDADE DE LUGO 14/05

Me alegra que te gustara y que contemos contigo en futuras ocasiones en las que se celebre esta carrera. Nuestra ciudad es una ciudad agradable para correr y aunque tiene bastantes cuestas, este recorrido creo que es bastante bueno para hacer tiempos y recorrer (corriendo) todas las zonas de nuestra ciudad.
Encantado de conocerte y de ponernos cara y nos veremos en las carreras.
Un abrazo.
Kurty escribió:
Esta media superou as miñas expectativas despois de correla onte, (só correra a 1ª edición) moi boa a organización en todos os aspectos, un percorrido variado e moi corrible para facer un bo tempo, co aliciente de pasar por todos os sitios emblemáticos desta bonita cidade, pechada ó tráfico para nos, a que lle pudemos dar 2 voltas para o noso disfrute particular.
Chegada con 45 minutos de antelación a Lugo, e sorprendentemente atopamos sitio onde aparcar a 300 mts. da saida. demos un paseiño ata a Praza Maior, e tocaba prepararse, os rituais de sempre, un moi breve quecemento e xa nos chaman para os caixóns.
Saida da parte media cara atrás e co obxetivo de baixar de 1h39', primeiro Km. o máis lento da media en 4'46", para ir collendo ritmo, e xa imos aumentando paulatinamente o ritmo, indo moi cómodo toda a carreira, notando que teño un puntiño máis, (pero se todo vai ben teño en mente facer 3 medias máis nas vindeiras 8 semanas e non é cuestión de forzar de máis).
Os Kms. vanme pasando moi rápidos, podendo facer 8 Kms. por debaixo de 4'30' e os de subida que había varios por riba de 4'41" e rematando moi enteiro a carreira en 1h37'13" oficial, para 21'260 Kms. polo meu gps.
Despois de cambiarme, outro paseo ca muller pola cidade e a xantar un cachopo para recuperar do esforzo, depois outra voltiña e a eso das 18 tocou tirar para casa que ainda tiñamos un boa tirada.
Como consideracións finais, unha magoa que non houbera máis participantes, xa que é unha carreira que os merece.
Ainda que como xa comentamos ten os handicaps de non entregar dorsais o día da carreira, o cambio de tarifa de 18 a 25 euros 20 días antes da celebración e o peche de inscripcións tamén con moita antelación, 11 días antes.
Coñecín o foreiro Nes en medio da carreira, un prace saudarte.
E quedei moi contento e se podo voltarei o vindeiro ano.






Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos