Foros ›
Autor
Mensaxe
xpab

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
9/10/11
0 Carreiras
288 Mensaxes
Betanzos
Respostar citando Envío Xov, 04 Mai 2023, 7:31
Asunto: Maratón galega... onde?

Tras a moi probable cancelación da maratón de Coruña de outubro (confirmado pola alcaldesa nunha entrevista radiofónica), Galicia queda sen ningún tipo de representación da distancia raíña. Non só Galicia, senón todo o noroeste español (que non peninsular: Aveiro, Porto...).
Ainda que a cidade e os cidadáns coruñeses demostraron que son capaces de organizar un evento de tal dimensión con éxito, a desidia, desinterese, pasotismo, e poucas ganas de traballar de parte do concello, fixeron que fora indo cada vez a menos ata desaparecer.
Para seguir tendo unha proba deste calado en Galicia (e campionatos galegos de maratón...), só se me ocorren dúas opcións. Ou "privatizar" a proba coruñesa (non sei se esa é a mellor forma de dicilo), con marcas que funcionan noutros lados, como Zurich ou Edp, ou trocar definitivamente a localización. O problema con esto segundo é a nosa orografía, con poucas cidades, e pouco chás....
Dito esto, das sete cidades, só se me vén un nome á cabeza: Pontevedra. Non sei se vedes posibilidades noutro sitio, ou en Galicia todo se reduce a rezar para haxa uns políticos competentes en Coruña ou a que en Pontevedra den o salto ós 42k...
Aí o deixo Pensando
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3268 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Sáb, 02 Dec 2023, 22:25
Asunto: Re: Maratón galega... onde?

Non ten porque ser Pontevedra a única opción
xpab

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
9/10/11
0 Carreiras
288 Mensaxes
Betanzos
Respostar citando Envío Dom, 03 Dec 2023, 1:21
Asunto: Re: Maratón galega... onde?

Meigalicix escribió:
Non ten porque ser Pontevedra a única opción
Por suposto. A idea do fío é, precisamente (como o seu título indica) debatir onde podería estar a alternativa.
Rufino

Montañés
Montañés
10/09/12
0 Carreiras
1042 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 03 Dec 2023, 9:04
Asunto: Re: Maratón galega... onde?

Boas, certo que non ten que ser a única opción Pontevedra pero a falta de Coruña, quizáis por compromiso co deporte e mais que nada por trazado favorable poída ser a que teña mais opcións.
Saudos.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos