Dom, 13 Ago 2023, 17:53
Asunto: Re: XXVIII CARREIRA A PÉ - LIRA (12/08/23)
Despois de correr onte esta carreira, non sei ben como definila, quizás coma un pseudo-cross, xa que máis da metade do percorrido é por pistas, algúns tramos de area e ata monte a través, con moita dureza por certo, ademáis ainda que retrasaron 30 minutos a saida, facía unha tarde con moita calor.
Como xa comentei poucos corredores na 10 K, so rematamos 92 e eu xusto quedei na metade, de 46.
Como viña arrastrando molestias no sóleo, decidín sair conservador, pero xa no km. 3 empezouseme a cargar e no 5 nunha baixada xa se me contracturou , así que ainda que nas subidas podía correr bastante ben, decidín non forzar, xa que nas baixadas ou llaneando si que me doía. (hoxe moito mellor, descansarei esta semana e irei a fisio)
Así que pouco a pouco foron pasando os Kms. e rematei a carreira, despois avituallamento a base de froita, que boa estaba a sandía, fresca, fresca.
Coma todos os anos fixeron a sardiñada, así que merquei os tickets e xa ceamos a base de sardiñas e pementos.