Dom, 03 Set 2023, 6:57
Asunto: Re: Trail A Fume de Carozo 02/09/23
bos días
pois onte fun alá correr, e como é a primeira edición vou contar un pouco como é a cousa por se repiten para o ano e alguén quere saber.
Eu corrín a versión de 16 quilómetros.
A organización é moi correcta, ou boa, ou como debe ser:
* anunciaron a proba no championchip hai semanas e publicaron o regulamento (que algo máis explícito podería ser, pero vaia, minucias).
* a zona de entrega de dorsáis e duchas estaban indicadas
* os horarios cumpríronse (no que a min atinxía)
* a sinalización da ruta era perfecta, con bastantes cruces pero era imposible perderse
* había xente da organización, protección civil e bombeiros en cada lugar que requería certo control da seguridade polo tráfico de automóbiles
* os avituallamentos estaban nos lugares indicados, incluso con vasos, e con moita froita. Ao igual que en meta onde che daban un megabocadillo e un par de bebidas (a maiores)
A Ruta:
as miñas expectativas non eran moi alá (prexuizo meu
) e ao final pareceume entretido e bonito
comezas en San Cibrao a nivel do mar, cuns dous ou tres quilómetros correndo ao longo dun regueiro que chega á vila, por unha ponte de pedra moi bonita e baixo as árbores. O camiño era "single track", pero limpo e sen dificultade técnica.
despois cruzas por debaixo da estrada xeral e vas indo cara un monte con antenas e unha canteira que teñen alí (300 e pico metros de alto), todo corrible (se tes forzas) sen gran desnivel. Aí polo seis comezas xa a aumentar o desnivel e sobre o 8 hai un pequeno (curto) cortalumes cunha pendente xeitosa, pero non de irse agarrando aos penedos ou ás uces.
pequeno tramo xa na cima onde pasas pola beira da canteira, cunhas vistas fermosas da costa do concello y más allá
Estaba nublado, pero safamos da chuvia e víase todo moi ben. Tampouco facía frío ningún.
Pasadas as antenas baixabas polo carreiro que teñen os das bicicletas estas que baixan a lo loco pa matarse, con moitas reviravoltas e sempre ben marcadas as zonas máis perigosas.
chegando xa de volta á vila métente pola beira do mar para ver así un pouco a paisaxe e tal, rematando no lugar de saída alí nunha pequena praza.
Personalmente pasei unha boa mañán, saudando alí á xente
, non levei un golpe e tras saír tranquilo funlle dando e o último tramo xa de correr fun "ao que podía"
Se alguén viu fallos pois que os conte porque tamén é importante, pero a min pareceume ben.
Este ano fun un pouco por casualidade, un sábado pola mañán, pero igual para o ano fago a de vintepico quilómetros.
Nada máis, saúdos que que vaia ben.
Est.2008 mastodon.gal - Libros "Run&Endurance"