Ven, 26 Xul 2024, 9:01
Asunto: [24-08-24] XXXVII Carreira Popular de Pintos (Pontevedra)
A Carreira Popular de Pintos vén desenvolvéndose desde hai 37 edicións. Nela, a veciñanza de Pintos, e cada vez máis persoas de fóra do lugar, achéganse para pasar un bo anaco con deporte e entretemento.
Somos un grupo de xuventude
da zona de Pintos, en Marcón (Pontevedra), que organizamos unha carreira popular que se vén transmitindo de xeración en xeración e que este ano chegamos á nosa 37ª edición!
Facemos unha
mistura entre carreira popular, dividida en diferentes categorías de idade (0-4, 5-8, 9-13, 14-20, 21-34, 35-50 e 51-...),
e de festa, xa que contamos ademais, coa
venta de rifas para sorteos, logo da entrega de trofeos, de diversos produtos, entre os que destacan xamóns, lacóns, productos da terra, produtos vivos, menaxe do fogar... Buscamos sobre todo facer pasar á xente un bo anaco (ou polo menos intentalo).
NON somos para nada profesionais xa que facemos isto cada ano da mellor maneira posible e tentando mellorar naqueles puntos fracos que temos
. De todos xeitos, pensamos que é unha magnífica oportunidade para pasalo ben e botar unha carreira con amizades e fillas e fillos!
A distancia
(ver aquí), a partir da categoría de 14-20 e consecutivas, é de preto de 2 km
na que contamos cunha subida bastante pronunciada nunha parte, logo algo máis estable, un pequeno repeche e un par de baixadas para entrar en meta. Aquel@s que a proban din que parece máis fácil do que realmente é!
As distancias para as categorías inferiores son de:
- 30 m (cat. 0-4) -
ver aquí
- 250 m (cat. 5-8) -
ver aquí
- 600 m (cat. 9-13) -
ver aquí
Para todas as persoas participantes que se animen a correr, entregaráselles gratis unha
bebida e un agasallo, cortesía da Organización.
Se vos interesa pasar unha tarde na nosa compañía, consultade o noso facebook
pinchando aquí, onde atoparedes máis información. Tamén vos responderemos ás dúbidas que nos fagades chegar por mensaxe alí.
Este ano voltaremos a contar cunha pequena área de entretemento na que as e os máis pequenos poidan estar entretidos mentres os seus acompañantes corren, tratando de facerlles máis entretida a xornada durante as carreiras.
Saúdos e... VÉMONOS O SÁBADO 24!!