O domingo 15 de setembro celebramos unha nova edición da carreira popular do Gundián. Se xa a coñecedes, sabedes ben cales son as características que a fan diferente: unha carreira realmente popular, con inscrición gratuíta e que remata na romaría do Gundián, no medio da festa, cun percorrido moi bonito polas dúas beiras do río Ulla, curta (5 km) pero moi esixente, con remate nunha subida que nos leva ata a capela do Gundián.
cartel-gundian-24-600.jpg
|
Descrición:
|
|
Visto: |
249 veces |
|