Foros ›
XIX CARREIRA POPULAR DE BOIRO 01/12/24
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
501 Carreiras
3819 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 24 Nov 2024, 20:13
Asunto: XIX CARREIRA POPULAR DE BOIRO 01/12/24

Dentro de 7 días celébrase esta carreira, que é unha clásica do Barbanza cas suas 18 edicións xa celebradas, . E co seu chocolatiño quente ó rematar, xa que soe facer bastante frío, este ano non sei.
Hai 242 participantes inscritos, no VII Circuíto de Carreiras Barbanza Arousa, os inscritos só para esta carreira non figuramos en ningún listado.
Carreira corrible, típica rompepernas, cunhas cantas subidas, sendo a derradeira, xa pasado o Km 9 moi dura. Pero fanse bos tempos.

Inscripción en emesports ata o día 28 .

eventos.emesports.es/i...ion_datos/
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
501 Carreiras
3819 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 03 Dec 2024, 17:07
Asunto: Re: XIX CARREIRA POPULAR DE BOIRO 01/12/24

Un ano máis fomos correr ata Boiro. As previsións respecto o tempo eran bastantes males, pero ainda que nos choveu algo non foi tanto como contabamos.
Carreira engañosa esta, xa que como quen di os 3 primeiros Kms. son baixar e llanear, polo que no 1º km. a xente adiantabame por todas partes, despois conforme vai cambiando o perfil funme encontrando mellor, (as 3 medias que corrín o mes pasado teñen moito que ver) no km 4 e pico collo a lebre de 45' quedome un rato con el, pero continuo para adiante con bastante forza.
Facendo un neto de 44'05", que son uns cuantos segundos menos que nas edicións do 2021 e 2022, as derradeiras que participara, que correra ambas en 44 minutos altos, ainda que non son 10 Kms. exactos.
Ata a SinSon non vou participar en ningunha carreira, xa que non hai nengunha cerca de onde vivo.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos