Foros ›
Correr nos 313 concellos galegos
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Pepemanba

Novo foreiro
Novo foreiro
13/05/16
90 Carreiras
41 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 01 Xan 2025, 16:01
Asunto: Correr nos 313 concellos galegos

Ainda que xa quedou o melón aberto no fío das San Silvestres de 2024, vou retomar aquí o tema dun reto que teño en mente por se necesito asesoramento dos máis expertos do foro nun futuro...

Desde finais de 2023 decidín comezar un reto particular e que vai implicar moito tempo, moito coche e moita sorte para coincidir ben na axenda: correr nos 313 concellos de Galicia. En principio, estouno intentando facer a través de carreiras organizadas (populares, trails, millas, medias...), e tamén incluindo probas de orientación, ó estar federado neste deporte e supoñer correr (inda que o meu GPS mental vai moito máis lento que as miñas pernas).

Vou subindo os percorridos a este Instagram www.instagram.com/correndogalicia/ e tamén neste blog, no que aínda teño pendente publicar crónicas de carreiras pasadas: correndogalicia.wordpress.com/

Ata o día de hoxe, levo contabilizados 104 concellos, 55 deles en 2024 a través de 45 carreiras. Oxalá sumar outra tanda este 2025, pero moito me temo que estará complicado sacar a mesma dispoñibilidade. Polo que teño lido e falado, estou seguro que moitos deste foro levades nas pernas máis concellos acumulados, non sei quen terá ó récord polo de agora...

Un dilema que teño con coñecidos é ata qué punto ser flexible coa consideración de "carreira organizada", xa que houbo algún evento que tiña máis de adestramento que de carreira, e non participei por ese motivo. Eu aposto sempre por ser flexible e non perder a cabeza sendo un reto persoal sen oficio nin beneficio, pero a miña 'sala do VAR' é implacable Sorriso

Outra cuestión que me preguntan amigos que coñecen este reto é qué pasa cos concellos que non organizan carreiras. Non me inquieta este tema porque ainda teño moito concello por diante con carreiras coñecidas, pero se chega ese día, un colega díxome que igual era boa idea correr por rutas homologadas de sendeirismo, ou tamén contabilizar andainas organizadas (aínda que xa perderei a literalidade de 'correr'). Acepto propostas se alguén ten outra idea en mente.

Chegarei un día a conseguir (per)correr todos os concellos? Imaxino que será moi difícil, pero non imposible. Sendo de Coruña, xa estaría satisfeito se podo correr nos 92 concellos da provincia. Xa levo 62 e quedan 30, pero desde finais de 2023 sorpréndeme que non se organizara ningunha proba en Abegondo, Monfero ou Coristanco, por citar varios concellos.

Total, estarei pendente deste foro para enterarme de carreiras nos concellos que me quedan, tanto no imprescindible calendario como nos fíos que se abren por aquí.

Saúde e kilómetros para todos neste 2025, vémonos nas carreiras!

313 concellos por (per)correr - instagram.com/correndogalicia
lihto

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
12/06/11
654 Carreiras
4793 Mensaxes
K-pax
Respostar citando Envío Mér, 01 Xan 2025, 17:10
Asunto: Re: Correr nos 313 concellos galegos

Suerte y ánimo con ese reto,un día contaré los que llevo sólo por curiosidad,un placer conocerte en Villalba.
pietropuki

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
31/01/09
530 Carreiras
1621 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 01 Xan 2025, 18:24
Asunto: Re: Correr nos 313 concellos galegos

Bonito reto, poco a poco seguro que irás completando si el panorama permite.
Entre bici y carreras populares lo tendré prácticamente cubierto aunque algunos faltarán pero no muchos, ánimo.
Jorjum

Foreiro infantil
Foreiro infantil
8/12/19
40 Carreiras
69 Mensaxes
SDC
Respostar citando Envío Xov, 02 Xan 2025, 12:29
Asunto: Re: Correr nos 313 concellos galegos

Moita sorte co proxecto, paréceme moi interesante e un reto único e enorme. Unha cousa, aparte de IG e o blog, tes perfil en Wikiloc ?

Respecto as dudas que tes sobre os concellos que non organizan carreiras, eu no teu sitio chegado ao punto en que xa non che quedan lugares onde correr, sin duda optaría por alternativas "menores" como o caso de andainas ou rutas de sendeirismo oficiales ou non oficiales. Personalmente creo que serían totalmente válidas, e tacharía da lista outro concello. Xa tes bastantes limitacións (técnicas, económicas, ou de tempo) como para resolver cuestións que non están da tua man.

Ánimo e moita sorte!! Oxalá algún completes o reto.
Pepemanba

Novo foreiro
Novo foreiro
13/05/16
90 Carreiras
41 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 02 Xan 2025, 17:52
Asunto: Re: Correr nos 313 concellos galegos

Gracias a todos polos ánimos! Sí, no blog estou subindo capturas enlazadas ó perfil de Wikiloc: es.wikiloc.com/wikiloc...id=9610356

Teño 3 listas organizadas por anos, e conto con tracks propios desde 2019. Os anteriores son recopilados doutros usuarios, que daquela non tiña conta nin en Wikiloc ou Strava.

E gracias polas túas palabras comprensivas, Jorjum! Nesta primeira fase na que aínda teño bastantes carreiras por asistir, como comentaba estou sometido a unha esixente 'sala de VAR' de colegas con concellos excluídos por non validar adestramentos de orientación ou persoais (Coirós, Val do Dubra e Vilaboa en Pontevedra), e con Catoira cuestionada, porque se ben Os 100 do Barbanza de 2024 tiñan a saída en Rianxo, houbo un quilómetro de pre-saída por ese concello tras un 'desembarco viquingo'.

Pero bueno, é a gracia do asunto, aberto a calquera auditoría independente e sen medo a ter que repetir concellos se teñen máis carreiras Moi feliz

313 concellos por (per)correr - instagram.com/correndogalicia





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos