Foros ›
I Carreira Pedestre A Baña (04/05/2025)
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Pepemanba

Novo foreiro
Novo foreiro
13/05/16
90 Carreiras
42 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 29 Mar 2025, 18:18
Asunto: I Carreira Pedestre A Baña (04/05/2025)

O primeiro domingo de maio A Baña vai celebrar a primeira edición dunha carreira pedestre, sumando outra cita ó calendario co seu trail de outono. Vai contar cun percorrido de 5km en dúas distancias: 1 volta para a 5k e dúas voltas para a distancia 10k.

A inscrición vale 7€ e tamén hai distancias para os máis pequenos. Se alguén está interesado en anotarse e quere coñecer un pouco mellor o percorrido, deixo o track de Wikiloc (típico sube-baixa con momentos de agonía e outros de dar zapatilla): es.wikiloc.com/rutas-c...-206650979
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
501 Carreiras
3817 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 30 Mar 2025, 19:14
Asunto: Re: I Carreira Pedestre A Baña (04/05/2025)

Polo perfil que pos parece durecha, entendo que é todo por asfalto, non descarto apoiar esta nova carreira e ir.
Ainda que ese finde hai outra carreira que non fixen nunca, xa que vai pola 3ª edición e tamén é tentadora, pero a da Baña quedame moito máis cerca e a metade de distancia en Kms.
A ver se a xente se anima e participa.
Corneira

Montañés
Montañés
20/10/10
0 Carreiras
319 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 31 Mar 2025, 12:43
Asunto: Re: I Carreira Pedestre A Baña (04/05/2025)

Primeira edición da carreira do meu concello, non vai ser para facer marca por que ten unhas cotiñas, pero vai ser entretenida. Aber se animan as inscriciós.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos