Dom, 06 Abr 2025, 19:23
Asunto: 41 MEDIA MARATON DE GRANADA (26/04/25).
Imos co próximo reto fora de Galicia, esta gran media maratón, que ano tras ano bate seu récord de inscritos, agotando as mesmas. Eu tiña moitas gañas de correla, pero sempre era o 1º finde de maio, coincidindo do día da nai, motivo polo que non a correra ata agora.
As inscripcións abriron o 24 de Xaneiro as 9h. eu a esa hora estaba voando a Valencia para ir correr a media de Castellón, polo que encarguei a unha filla para facelo, houbo un aluvión de peticións na plataforma, tal e como nos pasou eiqui para Os 21 do Camiño. Podendo inscribirse despois de moitos intentos, pero non lle cobraron a mesma, pola saturación que había na pasarela (paguei uns dias despois os 25€, primeiro tramo, ata o dorsal 2500)
Nas redes sociais había infinidade de protestas, xa que os 6000 dorsais esgotaronse en 30 horas e moita xente non o pudo facer, pese a intentalo.
Respecto a carreira, celébrase o sábado pola tarde, tendo un percorrido fermosísimo e tamén moi duro, xa que se sube ata a Alambra e dende o ano pasado transitase polo seu interior e antes outra dura subida ata o Albaicín.
Os derradeiros 3 kms. e case que todo en baixada, asi que en 20 días toca disfrutar/sufrir unha nova experiencia.
mmgranada.es/