Foros ›
MM SUNSET CAMINHA 21/06/2025
Foros de debate / Carreiras fóra de Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Xertiz

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
12/04/22
0 Carreiras
156 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 08 Abr 2025, 20:14
Asunto: MM SUNSET CAMINHA 21/06/2025

Estaba vendo esta proba que se realiza en sábado as 18 hrs. (Portuguesa). Ten un prezo ata o 20 de abril de 12 euros.
Quería saber se alguén a fixo e recomenda. Grazas!
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
502 Carreiras
3823 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 09 Abr 2025, 17:16
Asunto: Re: MM SUNSET CAMINHA 21/06/2025

Eu fixena 2 veces e tiña en mente facela este ano, xa que vira como data de celebración o 15 de Xuño, pero sendo o 21, teño unha cita ineludible cos 21 do Camiño.
Poñoche a descripción que fixeron dela hai uns anos. Para min é recomendable, xa que encima ó ser o Sábado a tarde, xa se pode ir pasar o día a Portugal e vir durmir a casa.

"La carrera no es llana del todo... tiene un par de repechitos, no muy grandes pero sí tendidos, que pueden hacer algo de "pupa" para los que van justitos. Los primeros kilometros, Caminha-Seixas-Caminha, son muy rápidos... perfil casi planito... después Caminha-Vila Praia Ancora (Rotonda), primeros 4km llanitos y despues un poco de todo. Hay buena zona de sombra... De regreso, Vila Praia Ancora - Caminha, falso llano los primeros kilometros, después un tobogán y traca final con bajada y llano hasta entrar en meta..."
Saudos.
ÁdPV

Novo foreiro
Novo foreiro
1/07/18
0 Carreiras
28 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mér, 09 Abr 2025, 17:32
Asunto: Re: MM SUNSET CAMINHA 21/06/2025

Xertiz escribió:
Estaba vendo esta proba que se realiza en sábado as 18 hrs. (Portuguesa). Ten un prezo ata o 20 de abril de 12 euros.
Quería saber se alguén a fixo e recomenda. Grazas!
Eu fíxena 3 veces. É unha carreira xeitosa e ben organizada, con moi bo ambiente e con boas vistas da desembocadura do río e do monte Trega á outra beira; ten un desnivel acumulado similar á da Vig-Bay, (arredor de 125 m en total), se cadra o único problema pode ser, de producirse, o vento. Saída e meta na fermosa praza da Torre do Relógio. Sáese río arriba uns 4 km (ata, aproximadamente, a farmacia Sousa); vólvese pola mesma estrada río abaixo ata a rotonda do Aldi de Vila Praia de Áncora e volta para o centro de Caminha. Como curiosidade, ese tramo entre Caminha e Vila Praia de Áncora está bastante peraltado e non poucos tramos, cousa que se percibe máis se vas correndo pola berma, o que fai que a zancada non sexa equilibrada esquerda-dereita e se vaia algo incómodo.
Recoméndocha, si; ademais, sempre dá gusto ir a Portugal, e se despois se pode quedar a cear e a pasar a noite en Caminha, moito mellor.
Xertiz

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
12/04/22
0 Carreiras
156 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 09 Abr 2025, 20:02
Asunto: Re: MM SUNSET CAMINHA 21/06/2025

Grazas polos aportes!!
Eu estou na lista de agarda de Os 21 pero non creo que haxa sorte polo que estou pensando entre esta e o Trail de Camposancos, que xa fixen o ano pasado.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos