Foros ›
Zas, Circuito Correndo pola Costa da Morte
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Solaina

Novo foreiro
Novo foreiro
19/12/19
4 Carreiras
27 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 27 Mai 2025, 8:34
Asunto: Zas, Circuito Correndo pola Costa da Morte

Vindeira carreira do circuito, Zas, non sei se a vos vos pasa pero na páxina non carga o track, así que nin idea do percorrido, se son dúas voltas ou unha, desnivel...0 datos, se algún dos que a fixo quere aportar algo sería xenial.
pola miña parte teño pensado ir, a ver como se da, de momento carreiras moi chulas as de todo o circuito Moi feliz
biry

Foreiro infantil
Foreiro infantil
8/04/12
4 Carreiras
76 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 27 Mai 2025, 9:10
Asunto: Re: Zas, Circuito Correndo pola Costa da Morte

Se é o mesmo circuito das últimas edicións, é un circuito bonito. Saida moi rápida, polo quilómetro 2 hai unha subida moi tendida e a partir de ai, falsos chans. Creo que era a partir do 7,5 8 correse por pistas de terra entre árbores, para despois volver o asfalto e recorrer un paseo o lado do río. E a parte final é a parte máis dura, xa que hai que subir ata a meta que está na praza do concello.
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
507 Carreiras
3846 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 27 Mai 2025, 18:32
Asunto: Re: Zas, Circuito Correndo pola Costa da Morte

Unha das carreiras máis corribles do circuito, xunto con Vimianzo e Cee. Unha soa volta, 2 primeiros kms. moi rápidos, despois toca unha subida longa, pero corrible e despois un sube e baixa, cun percorrido chulo cara o final por terra e despois asfalto pegado o paseo fluvial, pero despois toca a subida final cara a meta que baixamos nada máis escomenzar a carreira.
Eu agardo ir a esta, xa que a das areas non podo ir por un compromiso familiar.
Solaina

Novo foreiro
Novo foreiro
19/12/19
4 Carreiras
27 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 27 Mai 2025, 21:35
Asunto: Re: Zas, Circuito Correndo pola Costa da Morte

Enton penso q este ano cambiaron o percorrido a subida parece estar sobre o 4,5-5, os q a fixestedes xa diredes se e a mesma, pero polo q dis pode q a cambiasen.


Última edición por Solaina o Mar, 27 Mai 2025, 21:39; editado 1 vez
Solaina

Novo foreiro
Novo foreiro
19/12/19
4 Carreiras
27 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 27 Mai 2025, 21:36
Asunto: Re: Zas, Circuito Correndo pola Costa da Morte

Quixen engadir unha captura de pantalla pero creo q non sae





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos