Foros ›
Autor
Mensaxe
GabyWilder

Foreiro infantil
Foreiro infantil
18/06/23
50 Carreiras
65 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 17 Xul 2025, 10:26
Asunto: 10k Marín 26/07

Buenas me he apuntado.
He visto homologada y rápida.
Alguna opinión o consejo??
Debe ser buena para marca
Xertiz

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
12/04/22
0 Carreiras
191 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 17 Xul 2025, 14:58
Asunto: Re: 10k Marín 26/07

Moi boas carreira con moi bo ambiente. Absolutamente chanciña e teñen mudado o percorrido nalgunha ocasión para facela máis rápida. Falo de memoria : na primeira volta faise un bucle na escola naval e na seguinte xa non. Soe haber algunha charanga animando e ao fin da proba hai un avituallamento moi bo con bandexas de diferentes productos e billa de cervexa. Camiseta moi chulas e medalla de madeira top. Incluso ata ten habido mexilóns nalgunha ocasión!
Seguro que che gustará! Xa contaras!
GabyWilder

Foreiro infantil
Foreiro infantil
18/06/23
50 Carreiras
65 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 22 Xul 2025, 10:45
Asunto: Re: 10k Marín 26/07

Corre Yago Rojo..que nivel
Xertiz

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
12/04/22
0 Carreiras
191 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 27 Xul 2025, 12:52
Asunto: Re: 10k Marín 26/07

A verdade que coma sempre unha carreira xenial por percorrido e organización. Saímos sobre ás 22hrs. a carón do parque Rosalía de Castro e faise un pequeno percorrido pola Escola Naval para logo pasar por "contrasaída" e tirar dirección Pontevedra. Damos a volta case ao chegar ao paso elevado que leva a estrada cara Pontevedra e voltamos. Pasamos por saída e damos volta rodeando a praza de abastos para voltar repetir percorrido voltando pasar por "contrasaída " A meta é a carón da alameda pero pola parte de arriba, por así decir.
Carreira chanciña, algo de calor e tamén compaña do vento especialmente sentido Pontevedra. Ao final bolsa de avituallamento máis medalla e festa post carreira con dúo musical, empanadas, cervexa... Ao que hai que sumarlle a camiseta chula entregada na recollida do dorsal, incluso para a xente miúda que tamén tivo carreiras.
Todo cun ambiente extraordinario tanto antes coma durante e despois da carreira. Parabéns á organización, un ano máis, que ben se mira que lle poñen moitísimo esforzo para que desfrutemos. Para min é unha das fixas do verán dende hai xa varias edicións. Ideal para facer marca, por se a alguén lle interesa xa que ademais é homologada.
GabyWilder

Foreiro infantil
Foreiro infantil
18/06/23
50 Carreiras
65 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 28 Xul 2025, 9:45
Asunto: Re: 10k Marín 26/07

Carreron





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos