Xov, 11 Set 2025, 20:11
Asunto: Maratón de Boston 20.04.2026
Boas noites,
Abro este fío por 2 motivos:
1.- Se alguén ten pensado ir á Maratón de Boston (por aquilo de ir xuntos, etc)
2.- Se alguén foi en anos anteriores e me pode explicar como son as cousas por alí
Coméntoo porque, ao ser a miña primeira viaxe ao estranxeiro por un tema así (a miña primeira Major) e non me quería complicar.
Non debería ter problema para ter dorsal (a marca que teño é 10 minutos inferior á de corte para a miña categoría, e xa ma validou a organización) polo que para o que solicito axuda e para que algún compañeiro de fatigas me oriente sobre aloxamentos axeitados, cousas que debería facer e cales evitar, consellos para a saída, etc.
En principio mirei de ir cun touroperador oficial malia o pastizal que sería (Boston era a Maratón que tiña na cabeza desde que me puxen a correr en serio, e non me quería complicar buscándome a vida coa viaxe e esas cousas) pero resulta que cando lles consulto
xa teñen tódalas prazas ocupadas por xente que son habituais de fai anos: non sei entón para que o anuncian!
Toda axuda sería benvida! Graciñas pola vosa atención.
Every new beginning comes from some other beginning's end.