Foros ›
XLII CARREIRA PEDESTRE POPULAR DA AMAÍA · Brión
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
concellodebrion

Foreiro infantil
Foreiro infantil
29/09/11
29 Carreiras
92 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 23 Set 2025, 12:44
Asunto: XLII CARREIRA PEDESTRE POPULAR DA AMAÍA · Brión


O Concello de Brión, coa colaboración co Club Deportivo Brión Hyupersa Santiago, organiza a XLII edición da súa carreira popular o sábado 4 de outubro de 2025 a partir das 16:30h. horas nas inmediacións do Parque de Pedrouzos (ao lado do Campo de Futbol Municipal de Brión) baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo (Delegación de Santiago). Esta carreira é unha proba oficial da FGA con distancia non homologada.

Contará con un servizo médico-sanitario composto dunha ambulancia e un médico.

Participantes: poderán participar atletas tando federados como non federados.

Recollida de dorsais: poderá realizarse o venres día 3 de Outubro (opción recomendada) na Casa da Cultura do Concello de Brión en horario de 9 a 14 e de 16 a 20h. e o propio día da carreira dende as 15:30h. ata 30 minutos antes do inicio de cada proba nas inmediacións da liña de saída.

Inscricions: realizaranse a través da páxina web www.carreirasgalegas.com, ata o 1 de outubro ás 23:59h. NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS FORA DO PRAZO ESTABLECIDO NIN POR OUTROS MEDIOS.

Clasificacións e Premios/Trofeos

Establecerase unha clasificación individual segundo o tempo invertido en completar o circuito da proba e unha clasificación por categorías. As diversas clasificacións poderan consultarse na páxina web: www.carreirasgalegas.com.

Outorgaranse trofeos aos tres primeiros da cada categoría tanto feminina como masculina.

Así mesmo recibirán trofeo e premio en metálico os tres homes e tres mulleres que completen o circuito da proba no menor tempo. Tamén haberá premios para os tres primeiros clubs federados clasificados. Os premios económicos establecense da seguinte maneira:

MULLERES
1ª CLASIFICADA: 300€
2ª CLASIFICADA: 250€
3ª CLASIFICADA: 150€

HOMES
1º CLASIFICADO: 300€
2º CLASIFICADO: 250€
3º CLASIFICADO: 150€

CLUBS FEDERADOS
1º CLASIFICADO: 300€
2º CLASIFICADO: 250€
3º CLASIFICADO: 150€

Na carreira absoluta tamén recibirán trofeo os tres primeiros homes e tres primeiras mulleres clasificadas empadroados en Brión (para optar a este premios os atletas deberán estar correctamente empadroados no Concello de Brión no momento de formalizar a inscrción).

Os premios non serán acumulativos, de xeito que ningún corredor/a poderá recibir dous trofeos, exceptuando os correspondentes aos empadroados no Concello de Brión.

A entrega de premios celebrarase nas inmediacións da liña de saida/meta, 30 minutos despois de que o último participante finalice a proba absoluta.

Todas as persoas participantes recibiran como agasallo conmemorativo unha CAMISETA TÉCNICA cortesía da organización como recordo da súa participación.

MAIS INFO:
carreirapedestredaamai...gspot.com/
www.carreirasgalegas.c...a/xqjy4g9K





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos