Xov, 23 Out 2025, 12:00
Asunto: MM Volta a Ria .Memorial "Adolfo Ros" 14.12.2025
Boas tardes a todas e a todos!
É un auténtico orgullo darvos a benvida á Media Maratón máis antiga de Galicia, nada máis e nada menos que á súa 39ª edición!
Case catro décadas de historia, de esforzo, de amizades e de quilómetros compartidos. E este ano, Neda convértese no corazón da carreira, cun percorrido cheo de encanto… e con moitas sorpresas que vos van deixar coa boca aberta!
Esta non é só unha proba deportiva, é unha festa do deporte, da superación e da comunidade. Aquí corren veteranos e debutantes, atletas e soñadores… e sobre todo, persoas que levan no peito a ilusión de chegar á meta.
Así que… ¡imos desfrutar!
¡Preparade o voso mellor sorriso, o voso mellor paso e deixádevos levar pola enerxía desta gran familia da Media Maratón!
Porque hoxe, en Neda, fai historia o deporte galego unha vez máis. ♀️ ♂️