Mér, 18 Feb 2026, 18:54
Asunto: I carreira Castelo de Soutomaior
Boa tarde, correlegas.
Abro este foro para anunciarvos a que vai ser, sen lugar a dúbidas, a carreira máis rápida de Galicia, e ata me atrevo a dicir, unha das máis rápidas a nivel nacional: I Carreira Castelo de Soutomaior, o vindeiro 29 de marzo do 2026, no Concello de Soutomaior.
Serán 6,8 km cun perfil favorable no 100% do percorrido, saíndo dende o Castelo de Soutomaior, un marco impresionante para o comezo dunha proba atética, e rematando no peirao de Arcade.
En poucos días abriranse inscricións na páxina de championchipnorte e alí poderedes comprobar que o que escribía no primeiro parágrafo desta mensaxe non era "unha ilusión", senón unha realidade.
Premios económicos, moitas categorías, agasallo da proba, autobuses para acercar aos atletas á saída.... Quero que se vos siga facendo a boca auga...
Quedo a vosa enteira disposición para respostas dúbidas e preguntas, pero xa sabedes, se queredes voar sobre o asfalto, non ides atopar unha proba mellor.