Mar, 31 Mar 2026, 11:29
Asunto: V Trail dos Irmandiños–Castelo de Moeche: Sab 22 de agosto
Este ano vimos con varias novidades interesantes, destacando especialmente unha nova modalidade no trail longo:
A posibilidade de facelo en parella, para compartir a experiencia durante todo o percorrido.
Modalidades dispoñibles:
Trail longo: 16,5 km + 700 (individual ou en parella)
Trail curto: 12 km + 500
Andaina: 12 km + 500
Haberá tamén cambios e melloras nos percorridos, mantendo o carácter natural e histórico da zona de Moeche.
Nos vindeiros días iremos ampliando información sobre inscricións e máis detalles.
Vémonos no monte!