Foros ›
II Carreira Pedestre A Baña (03/05/2026)
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Pepemanba

Foreiro infantil
Foreiro infantil
13/05/16
150 Carreiras
91 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 14 Abr 2026, 17:59
Asunto: II Carreira Pedestre A Baña (03/05/2026)

Este ano terá lugar a segunda edición da carreira popular da Baña, que volve formar parte do Circuíto de Carreiras Populares da Deputación de Coruña. A data cadra co día da nai, pero sendo a saída do 5k ás 10.00h e a dos 10k ás 11.00h, seguro que da tempo a todo para que non sexa da zona e teña compromisos familiares Guiño

Inscricións e regulamento en www.carreirasgalegas.c...a/qjyNNXlK

Como figura no regulamento, o percorrido cambia en comparación co do ano pasado. As subidas e as baixadas son inevitables como na maioría dos nosos percorridos populares, pero polo menos non toca sufrir polas costas de Vesía e de Fampousa. Nesta ocasión hai ata catro xiros, para que sexa máis 'levadeiro' e ter máis pasos polo ambiente que se vive na praza da saída.

Aquí tedes en Wikiloc o percorrido e perfil de desnivel: www.wikiloc.com/runnin...-257446383

313 concellos por (per)correr - instagram.com/correndogalicia

Última edición por Pepemanba o Xov, 16 Abr 2026, 6:07; editado 1 vez
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
528 Carreiras
3911 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 14 Abr 2026, 19:27
Asunto: Re: II Carreira Pedestre A Baña (03/05/2025)

A min botame para atrás a dureza do percorrido, o ano pasado foron varios compañeiros do clube e dixeron que as costas eran unha tolemia.
Agora se modificaron algo a dureza será cuestión de valorar de ir. Con que carreira a podes comparar para facerme unha idea?
Graciñas.
Pepemanba

Foreiro infantil
Foreiro infantil
13/05/16
150 Carreiras
91 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 15 Abr 2026, 8:01
Asunto: Re: II Carreira Pedestre A Baña (03/05/2025)

Pois mira, non sabería dicir unha carreira exacta, pero creo que é un pouco do estilo do circuito de Correndo pola Costa da Morte (sen chegar o exemplo esaxerado da de Fisterra), ou do estilo da Clásica de Negreira ata o cambio de percorrido do ano pasado.

Van ser dúas voltas a un percorrido de 5 quilómetros. Sobre os tramos de ida e volta con xiro, é un pouco progresivo: a primeira recta é a máis asumible, a segunda xa ten unha baixada máis acusada (que hai que subir tralo xiro), o terceiro tramo ten a pendente máis inclinada no treito final e no cuarto é máis chanchiño.

Non é un percorrido chanciño (o desnivel acumulado é de aprox +150m), pero non ten que ver coa dureza da costa de Vesía nin as de Fampousa do ano pasado, algo máis levadeiro resulta!





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos