Foros ›
XI MEIA MARATONA DOURO RUN GONDOMAR (CRONICA)
Foros de debate / Carreiras fóra de Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
535 Carreiras
3923 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 08 Xuñ 2026, 20:00
Asunto: XI MEIA MARATONA DOURO RUN GONDOMAR (CRONICA)

Media maratón que nunca correra e que organicei de ir o venres, facendo a inscripción e pago as 00:20 do sábado, en Portugal ainda eran as 23:20 do venres. Silbar
Como este mes non teño moi seguro que poida correr ningunha media, convencín a muller de facer unha escapada no día ata Gondomar o ladiño mesmo de Porto.
Organigrama de carreira típica de Portugal, 3 distancias, media, 10K e camiñada de 5K.
Madrugón que nos metemos, as 6:20 hora española saindo da casa, a media era as 9 h. portuguesa así que tiñamos 3h40' , chegada con tempo de sobra e eso que aparquei a 1'700 da saida, puiden continuar que había outros aparcamentos máis adiante, pero fun ghiadiño e seguín detrás dos coches que levaba diante.
50 minutos antes da saida, xa tiña o dorsal recollido, asi que como non ia quentar nada e non había ningún bar nas proximidades, xa que a saida é a carón do río Douro, sentamos a sombra a agardar.
Día de moita calor así que 7 minutos antes da saida fun para ela, podía poñerme máis adiante, pero decidín situarme a sombra debaixo dun arco inchable de publicidade, polo que tardei 41" en pasar pola saida.
Primeiro km. 5'05, o máis lento da media e eso que tiña algo de baixada e despois xa ven a constante desta carreira, un sube baixa continuo, eso si todo pegado o río Douro, cunhas vista fabulosas.
O bo, que quitando un par de subidas que son durechas e algunha un pouco longa, é bastante corrible. Ainda que o sol picaba, había moitas zonas de arbolado polo que tiñamos sombra e cantidade de avituallamentos de auga, que a parte de beber botaba por riba para refrescar.
No km 10 damos a volta e cando levamos case 1 km. xiro a dereita e tiramos outro km pegados o río Sousa, cunha baixada considerable que temos que subir despois, 5'04" ese km, e ahí si que nos daba de cheo o sol, pero xa estamos no km14 . (creo que este tramo van a cambialo, xa que este ano caduca a homologación do percorrido pola F.P. Atletismo).
Eu bastante cómodo, noto que podía ir algo máis rápido, pero non quero forzar, polo que ao meu ritmo dou rematado a media en 1h41'59" neto e 361 dos 856 que rematamos a media.
Recollida de bolsa e medalla e a tomar unha super bock fresquiña no stand da marca.
Despois da ducha, decidimos ir visitar o faro de Leça da Palmeira e a Capela da Boa Nova en Matosinhos. E a continuación tocou ir pagar a peaxe ca muller ao Vila do Conde Fashion Outlet. Moi feliz
Ainda que eu a parte de mercar algo de roupa, tamén adquirín unhas Asics moi ben de prezo, que as Under Amour de onte, xa están para o arrastre.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos