Xov, 23 Xul 2026, 19:33
Asunto: V Contrarreloxo por equipos Redondela 2026
Boa tarde, correlegas....
Un ano máis, e xa van cinco, o clube redondelán "Clube atletismo Redondela" xa está a traballar na organización da quinta edición da contrarreloxo por equipos, a que vos animamos a todos a participar.
Este ano terá lugar o 12 de setembro de 2026; unha proba de 5k, sen apenas desnivel, que poderedes correr en equipos masculinos, femininos ou mixtos (estes equipos deberán estar formados por entre 4 e 6 compoñentes, dos que, como mínimo dous teñen que ser do sexo contrario, para ser considerado un equipo mixto).
As inscricións xa están abertas en Cronotec. Manteremos todo aquilo que tan ben valorastes os que participástedes en anos anteriores (cestas con produtos delicatessen para os tres mellores equipos masculinos, femininos e mixtos; cervexa e xamón; avituallamento individual para tódolos corredores; ambiente festivo....) e, como novidade, na presente edición engadimos premios económicos para os tres mellores equipos masculinos, femininos ou mixtos...
A medida que se achegue a data iremos comentando máis novidades, pero xa vos pido que reservedes a data, pois esta carreira nunca decepciona.... Estou aberto para resolver tódalas vosas dúbidas e pedirñiavos a todos aqueles que participásedes en edicións anteriores puidésedes poñer por aquí as vosas impresións e sensacións vividas nos anos anteriores e nos coméntasedes as propostas de mellora que vos gustaría introducir...
Grazas de antemán e vémonos en Redondela o 12 de setembro....