Mér, 16 Abr 2008, 9:47
Asunto: Re: Media maratón Vilagarcia de Arousa (11 de Maio)
O do xiro de 180º digo que non me gusta porque rompe o ritmo totalmente, freas e volves a aceleras 3 veces, e na última volta canto levas como 17km pois xa calquera cousa por nimia que sexa jode.
Evidentemente non é porque sexa perigoso, xa que o camiño é ancho de abondo e e tampouco porque incida significativamente nunha marca.
De todos modos, teño noticias de que por ahi adiante hai probas de media de moito máis caché que a de Vilagarcía que teñen xiros deste xeito.
O que dice alguén de meter o percorrido por outro lado, paréceme complicado no caso de Vilgarcía, porque ou ben suporía contar con producir restriccións de tráfico importantes ou ben habería que meter pendente. Pero quizais sí que sería unha boa facer un circuito máis urbano, para facilitar que houbese máis presenza de público.
O tema do vento pode ter a súa incidencia pero non creo que nesta época do ano, e ademáis se mal non recordo esta proba sempre se correu cun tempo soleado e máis ben caluroso.