Xov, 07 Ago 2008, 20:43
Asunto: Menisco tocado
Pois por desgracia parece que vou andar parado unha tempada, hoxe collín os resultados da resonancia e resulta que teño o menisco interno e o externo da rodilla dereita tocados, de distinta maneira pero tocados, e como consecuencia deso teño un edema tamén nunha das zonas da rodilla non recordo cal, debido a constante inflamación. Por sorte os tendóns e ligamentos están ben. O martes vou o trauma a ver que me conta, de momento o fisio xa me dixo que de correr nada e a ver que pasa unha vez que estudiemos o caso máis a fondo, non sei eu se non tocará operar...
Si normalmente xa me jodería isto, neste momento jódeme moito máis, xa que últimamente ía coma un foguete, e iso que no meu entrenamento aínda estou na fase de volume, nada de series nin nada diso, pero a estas alturas, se tivera que correr unha media, creo que andaría moi, moi preto da hora vintecinco, pero en fin tempo haberá cando recupere.
xa vos manterei informados de como queda a cousa.
Un saúdo e a darlle duro!!
pra pescar o rodaballo, hai que molla-lo carallo!!
celtaatletismo.es/blog/