Mar, 08 Nov 2005, 20:27
Asunto: Categorías
Azochador:
Xa que propós un tema tan directo, deberias comezar por ubicarte.
Esá moi ben como pasatempo o das clasificacións.
Pero, aplicando o sentido común, non teñen demasiado sentido, porque si por algo se caracteriza o atletismo popular é porque:
1.- Cada corredor ten os seus propios obxectivos.
2.- Cada un de nós temos unhas limitacións bioloxicas, que nos impiden
chegar a un determinado tempo.
3.- A diferencia entre sexos tamén desvirtua a clasificación.
4.- A idade do atleta. Para mín ten máis mérito facer 45`con 55 anos,
ca facer 35`con 35 anos.
5.- O tempo que leves correndo. Eu fai 3 anos empecei a correr un pouco en serio e fixen 46,30 no San Martiño: este ano fixen casi 10 minutos menos: fíxome máis ilusión baixar de 40`ca baixar despois 4`.
6.- Tempo de que dispoñas /motivación/método/plan de adestramento.
Hai xente (moita xente) á que non lle motiva acadar un determinado rexistro, senón que corre so por correr e para manterse san.
Probema gordo: Teño amigos de 55, 53 e 49 anos que corren habitualmente comigo. Eles, como é lóxico non están motivados por chegar a acadar estes tempos, só por continuar divertíndose en grupo e por manter un nivel de dinamismo. O mesmo acontece con algunhas mulleres amigas miñas (fixeron arredor de 1 hora: teñen moito mérito).
Estes amigos "veteranos" e os/as corredores/as ocasionais conforman o colectivo crítico e a base dos populares: é por isto que debemos ser sensibles e cariñosos con eles, cos seus rexistros e coa evolución dos seus tempos: sexa positivo ou negativo.