Lun, 07 Nov 2005, 18:58
Asunto: EXCELENCIA vs SAUCONY
Este si que é o sentido dun foro!!!!!
O XelaBlan ofrécese a ir con Suso a: 1. mirarlle a pisada, 2, velo correr, 3 ir á tenda. Vaia despregue!!! Xa estou orgulloso de participar neste foro.
Eu, e non é por reiterar o dito, de todas as tendas de Santiago dicir que están cheas de ignorantes das necesidades dun corredor, sendo AMANCIO, así se chama o dono o que mellor te pode asesorar. Son varios empregados máis, pero o único que entende de zapatillas é o dono, Amancio.
Coas zapatillas pasa coma cos coches, uns prefiren Opel, outros Peugeot, outros Renault. Todos son bós dependendo de qué resultado nos deen.
Tendo tódalas marcas especializadas en atletismo (Asics, Mizuno, Nike, Adidas, New Ballance, Reebok) moi boas zapatillas, eu douche 3 consellos:
1º.- Comproba se eres lixeiramente pronador, se tes pisada neutra, ou se eres supinador (o cal é menos probable).
2º.- Unha vez que coñezas a tua pisada, comproba de todas estas marcas cales che van ben para o teu tipo de pisada, e próbaas e deixate levar polas sensacións ao metelas no pé: teñen que se percibir cómodas dende o primeiro segundo.
3º.- Cando probes varias das marcas anteriores, dille a Amancio que che saque unhas Saucony adaptadas á tua pisada. Sen tanto merchandising, nin gastos en publicidade pódoche garantir que son as zapatillas máis cómodas do mercado. Son as elexidas por a maioría dos triatletas, cuios pés chegan á carreira en condicións delicadas. Tanto os modelos de entrenamento máis pesados como os de competición resultan de excelente comodidade e de aceptable durabilidade.
Outras tendas que che recomendo en Galiza son:
- Atlethics, na Av. de Balaidos en Vigo (O dono, Antonio é atleta de xeito).
- Redonet, na Rua Ervedelo de Ourense (O dono fai ultrafondo, Santi)