Mér, 01 Out 2008, 21:48
Asunto: Re: triatlon de baiona
Hola a tod@s
Bueno. Eu non quería entrar neste tema, nin crear polémica e hoxe pola tarde estaba pensando se decir algo ou no.
Bueno, cada un conta a feira según lle vai e eu vou contala según me vai ou me foi a min.
Despois de competir durante 20 anos hasta que o deixei, ciclismo, triatlón, ultradistancia... e épocas de compaginar a actividade deportiva coa organizativa pois vou decir o que penso. E que conste que é sin ánimo de ofender a naide, sólo é a miña experiencia personal.
Un elige, inda que non sempre, o que quere faer coa sua vida e no ano 1992 comencei a organizar eventos deportivos.
Grandes, pequenos, duatlóns, triatlóns...e a verdá sea dita. Para dedicarse a organizar eventos deportivos hai que estar bastante mal da cabeza, ou coma meu caso, sentir pasión polo que faes.
Unha proba pode estar mellor ou peor organizada, cada un fae o que pode.
No Triatlo da Amizade cometemos fallos de seguridad e outros fallos por falta de medios. A Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira, o Concello de Tomiño, as federacións e os responsables da organización xunto cos voluntarios fixemos un esforzo mui por riba das nosas posibilidades, pero insisto, é unha opción que nos tomamos. Naide nos obliga a organizar nada.
A única forma de sacar unha proba adiante é contar con muitos voluntarios, pero alguén ten que ser o que tire do carro. Nas duas edicións do Triatlo da Amizade tocoume a min dirigir a organización, pero que conste, sin afán de protagonismo nin de figurar nin nada polo estilo, é unha opción personal, igual que o que decide participar nunha proba.
E polo tanto non teño dereito a protestar, pero isto é o que supuxo para nos organizar esta proba.
Acabar unha edición e empezar a seguinte e iso que foron 2 anos entre a primeira e a segunda. Os últimos 3 meses de dedicación exclusiva. Abandonar o traballo e dedicarse en pleno a proba.
Non dormir, molladuras, momentos donde queres tirar a toalla, pero non podes faelo.
Eu como triatleta podía no último momento decidir se quería ou no correr unha carreira. Un organizador non pode elegir. Cuando unha proba está calendada e apoiada por diversas entidades, xa non hai marcha atrás e mui mal se teñen que por as cousas para que a carreira non se celebre.
E horas e horas de traballo.
E vos podo asegurar que en muitísimas ocasións, cuando se faen as contas e o diñeiro non da, a maioría das veces, eu polo menos, acabei pedindo o diñeiro ó banco.
De feito o Triatlo da Amizade inda está arrastrando deudas bancarias desde o principio e eu sun quen tódo-los meses ten que pasar por caixa para ir pagando pouco a pouco.
Cuando alguén me dice que vaise meter a organizar unha proba deportiva, do tipo que sea, a min afróuxanseme as pernas sólo de pensar o mal que o vai a pasar o organizador. Por empatía póñome na sua piel e me da pena.
Se teño que escoller entre ser deportista ou organizador,claro que escollo a de deportista, porque o organizador é o que ten o peor papel.
Está no medio de muitas cordas: políticos, patrocinadores, triatletas...e ten que saber ou polo menos intentar, manter as cordas no seu punto de tensión para que o buque navegue e chegue a puerto. Xa non pidamos bo puerto. Con que non se afunda o barco será suficiente.
Polo que respecta ó Triatlo da Amizade seguro que vos lle encontrastes muitos defectos. Eu polo menos encontreille os suficientes como para faer un informe que da pánico.
Leva dias enterarte de todo o que realmente pasou, tomar notas das críticas e analizar todo.
E bueno, no caso de que a proba seguira adiante, habería muito que mellorar, pero fixemos o que pudemos cos medios que tíñamos.
Eu incluso penso que ó mellor este tipo de probas quédannos demasiado grandes a comarcas como a nosa do Baixo Miño. Non temos nin os recursos económicos nin a logística necesaria para organizar un evento destas características.
E se este ano conseguimos ,máis ou menos, sacala adiante, foi gracias ós casi 150 voluntarios que fixeron muito máis do que puderon.
E xa sei, muitos dos que tuvestes problemas no circuito de BTT tuvestes que levar un bo susto.
Se nos chegaran os conos e tuvéramos máis voluntarios poderíamos evitar eses cruces entre triatletas e que puderon provocar un grave accidente.
Pero gastamos todos os conos en señalizar os bancos do puente e non deu para máis.
E ó igual que nos aceptamos as críticas constructivas dos triatletas espero que vos aceptendes esta miña. E non é para a nosa proba; é para todas.
Eu lle pediría os triatletas que antes de por o grito no ceu, se pararan a pensar un pouco no organizador.
Seguro que os fallos que comete non son fruito dunha sola causa, senón de varias. Pedirvos tamén que vaiandes sempre as reunións técnicas e se non podendes ir faervos con toda a información posible. Se non hai solicitala, pero non presentarvos a última hora nunha carreira pensando que todo vai a estar perfecto.
Porque perfecto sólo o terán as grandes empresas con muitos recursos. Os que estamos abaixo de todo, sin diñeiro, sin medios, con concellos que axudan todo o que poden, e polo menos no noso caso, mui por riba das suas posibilidades. Pois neses casos o normal é que ocurran fallos.
E bueno, a verdá é que non sei que máis decir. Que comprendo que un triatleta se enfade porque se trunque os seus entrenamentos por equivocarse no número de voltas, ou na medición da natación....
Pero ¿quén ten pena dos organizadores?. A estas alturas inda non sei se seguirei organizando máis probas, o que si teño claro e que para fin de mes toca pagar un plazo máis do Triatlo da Amizade e o banco non vai ter piedá.
Así que, como ex-deportista comprendo os enfados dos triatletas polos fallos organizativos nas probas, eu tamén me enfadaría e muito, seguro que si, pero...e espero que naide o tome a mal, a vida do organizador é muitisimo pero muitísimo máis dura que a do deportista.
Sei que ó mellor esta sólo é a opinión de alguén que non ten ó mellor os conocementos técnicos sobre este tema, pero falo desda a experiencia personal.
Desde esta página sólo desear sorte a todo-l@s organizadores, que por certo, non conozo a ningunha muller que esté ó frente dunha organización, a bo seguro que o faería mui ben, fai falta muita man izquierda para levar o buque adiante, iso, sorte ós organizadores e pedirlle ós deportistas un pouco de comprensión no caso dos organizadores con poucos recursos. Saludos.
Benito