Foros ›
Autor
Mensaxe
castiñeiras

Montañés
Montañés
14/11/05
0 Carreiras
829 Mensaxes
Castiñeiras
Respostar citando Envío Mér, 08 Out 2008, 18:40
Asunto: Ponte a andar

A Cofradía da dorna; en colaboración co Concello de Ribeira; organiza un ciclo de andainas que chama "Ponte a andar".
A intención e organizar tres andainas neste último trimestre do ano, dar a coñecer este deporte e xuntar a xente que o esta a practicar para que se coñezan e podan xuntarse dispois para seguir xuntos practicando esta actividade.
A actividade e totalmente gratuita, de feito non é necesario siquera facer inscrición. Soamente presentarse o día da proba no lugar e hora indicados e facer caso dos monitores.
Tratase de facer pequenos percorridos de como máximo 12 kms nun tempo de entre dúas e tres horas. Imos ter varios monitores para facer distintos grupos e así cada quen se vai acomodando os ritmos que se marquen.
As probas son:
19 de outubro: Aguiño-Couso-Aguiño. Saída as 10 horas, dende o monumento o mariñeiro situado no porto de Aguiño. Chegada, dependendo do ritmo, entre as 12 h e as 13 h.
16 de novembro: Corrubedo-Faro-Balieiros-Corrubedo. Saída as 10 horas, dende o porto (Casa do Mar) e chegada igoal que a anterior.
14 de decembro: Palmeira-Cabío-Palmeira. Saída as 10 horas dende o porto, monumento o emigrante. Chegada igoal cas anteriores.
A dificultade técnica e baixa, soamente que cada un manteña o seu ritmo lixeiro e xa esta.
A información é para todo o mundo, especialmente para a xente do Barbanza. Convidados estades todos.
cubeliños

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
29/08/08
0 Carreiras
348 Mensaxes
CAPITAL DO BARBANZA- RIVEIRA CIDADE DENDE 1906
Respostar citando Envío Mér, 08 Out 2008, 19:53
Asunto: Re: Ponte a andar

Ola a tod@s.

Unha boa iniciativa.

Teremos que probar... :=D> :=D>
castiñeiras

Montañés
Montañés
14/11/05
0 Carreiras
829 Mensaxes
Castiñeiras
Respostar citando Envío Xov, 09 Out 2008, 8:40
Asunto: Re: Ponte a andar

Alegrome saber que podemos contar contigo cubeliños. Creo que dos foreiros, barbanzon, supercoco e anxinho tamén teñen intención de vir, polo tanto andar igoal non andamos moito, pero reir, imos afartar de reir.
Barbanzon

Montañés
Montañés
8/06/06
0 Carreiras
660 Mensaxes
O Barbanza
Respostar citando Envío Xov, 09 Out 2008, 9:57
Asunto: Re: Ponte a andar

A intención e levar a toda a familia Rezar Moi feliz , a ver se hai sorte e lio a tod@s Pensando
Saudiños.
ROJO

Maratoniano
Maratoniano
27/01/08
0 Carreiras
247 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 10 Out 2008, 5:32
Asunto: Re: Ponte a andar

HOLA ME GUSTARAI SAER CUANTOS KM TIENE CADA ANDAINA
GRACIÑAS
castiñeiras

Montañés
Montañés
14/11/05
0 Carreiras
829 Mensaxes
Castiñeiras
Respostar citando Envío Ven, 10 Out 2008, 8:18
Asunto: Re: Ponte a andar

Entre 10 e 12 kms, a dificultade técnica e baixa. Todas as rutas van ser bordeando a costa, sinxelas pero moi bonitas. Tratase de levantarse tarde, xantar na casa, facer ami@s, andar duas ou tres horas e degustar unha empanada todos xuntos o remate.
cubeliños

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
29/08/08
0 Carreiras
348 Mensaxes
CAPITAL DO BARBANZA- RIVEIRA CIDADE DENDE 1906
Respostar citando Envío Ven, 10 Out 2008, 23:27
Asunto: Re: Ponte a andar

Barbanzon escribió:
A intención e levar a toda a familia Rezar Moi feliz , a ver se hai sorte e lio a tod@s Pensando
Saudiños.


Ola de novo.

E apta para toda a familia? Pregunta

5 e 8 anos será moito para eles?. Pensando

Que vos parece.....

Contade, contade.....

Un saudo.
castiñeiras

Montañés
Montañés
14/11/05
0 Carreiras
829 Mensaxes
Castiñeiras
Respostar citando Envío Sáb, 11 Out 2008, 9:06
Asunto: Re: Ponte a andar

Perfectamente pode vir toda a familia. O percorrido que imos facer, permite que persoas maiores e rapaces poidan facer unha cantidade menor de kilometros, non ter perdida. En calquer caso, o mellor e ter as cousas claras antes de sair, saber que nun determinado momento e mellor dar media volta e regresar.
Imos ser uns 4 monitores. De máis a menos todos van levar distintos ritmos para que a xente se vai acoplando o que máis se lle axeite. Sempre vai ir un monitor o final con un ritmo baixo, perfectamente asumible para unha persoa pouco acostumada a actividade física e tamén para un neno.......repito, sin problemas, circuito fácil, e perfectamente adaptable en canto os kilometros.
anxinho

Montañés
Montañés
3/04/08
0 Carreiras
418 Mensaxes
Rianxiño
Respostar citando Envío Lun, 13 Out 2008, 7:13
Asunto: Re: Ponte a andar

A miña noraboa á Confraría da Dorna que con esta iniciativa máis a colaboración na Carreira do Corgo estáse comprometendo decididamente polo sendeirismo e o campo a través.

Espero o domingo poder participar na andaina e así disfrutar dunha mañá de domingo en boa compaña e boa conversación. Sempre e cando outros compromisos deportivos non mo priven.
cubeliños

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
29/08/08
0 Carreiras
348 Mensaxes
CAPITAL DO BARBANZA- RIVEIRA CIDADE DENDE 1906
Respostar citando Envío Mar, 14 Out 2008, 20:48
Asunto: Re: Ponte a andar

Ola a tod@s, cas ganas que tiña de estar en Aguiño ca famili !!!!

Pero os pequenos son os que mandan e corren o Domingo ás 11 en Ames.

Pois nada, Castinheiras, en Corrubedo procuraremos estar.

Que saia todo ben.

Un saúdo.
lentoperosejuro

Foreiro Senior
Foreiro Senior
19/12/05
0 Carreiras
796 Mensaxes
Milladoiro
Respostar citando Envío Mér, 15 Out 2008, 11:32
Asunto: Re: Ponte a andar

¡¡¡Cómo me gusta a idea!!!(Coma todas ou casi todas que propoñedes dende o Barbanza). O vindeiro Domingo non poderei ir porque o Sábado pola noite cásase unha sobriña e non vou estar dispoñible tan cedo. E eso que me gusta o percorrido, xa que é un clásico nos meus veráns. Pero prometo porelniñojesúsdepraga que para as seguintes intentarei estar dispoñible (Sobre todo a de Palmeira, xa que me trae recordos,moitos recordos...)
Enhoraboa pola iniciativa, sodes a leche!!!
linkinpark

Montañés
Montañés
11/02/07
0 Carreiras
4003 Mensaxes
vigo
Respostar citando Envío Mér, 15 Out 2008, 13:23
Asunto: Re: Ponte a andar

.....tambien me sumo a felicitaros ( de nuevo ).......bonita iniciativa.......y del lugar que vamos a decir......

....a ver si me puedo a puntar con la parienta a alguna...

......enhorabuena......
castiñeiras

Montañés
Montañés
14/11/05
0 Carreiras
829 Mensaxes
Castiñeiras
Respostar citando Envío Mér, 15 Out 2008, 16:39
Asunto: Re: Ponte a andar

Comentarlle a cubeliños que ir cos rapaces a Ames, tamén é unha gran iniciativa, polo tanto, no comer por haber comido, nada nos hemos perdido.
En canto a lentoperosejuro e a linkinpark, decir que nada nos gustaría máis que contar con vós en algunha destas andainas, dado que a intención, ademais de facer un pouco de deporte, e ir falando e reindo todo o tempo, e con vós, estas dúas últimas cousas, están aseguradas.
Este domingo o carbarbanza vai estar casi o completo, vai faltar Urko, co cal a diversión esta garantizada Demo sorrindo , pero os demais imos estar todos..................por certo, a boa climatoloxía tamén prometeu vir, como sempre que o carbarbanza organiza algo.
cubeliños

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
29/08/08
0 Carreiras
348 Mensaxes
CAPITAL DO BARBANZA- RIVEIRA CIDADE DENDE 1906
Respostar citando Envío Mér, 15 Out 2008, 22:27
Asunto: Re: Ponte a andar

castinheiras escribió:
Comentarlle a cubeliños que ir cos rapaces a Ames, tamén é unha gran iniciativa, polo tanto, no comer por haber comido, nada nos hemos perdido.


Grazas Castinheiras, si nos comedoriños somos dabondo Ríndose Ríndose .

Pois nada, en Corrubedo procuraremos estar, con galeeerrrnaaa ou ennncaaalllmaaadaaaaa Bailar Bailar Bailar

Aburiño.
Barbanzon

Montañés
Montañés
8/06/06
0 Carreiras
660 Mensaxes
O Barbanza
Respostar citando Envío Lun, 20 Out 2008, 9:04
Asunto: Re: Ponte a andar

Estupenda ruta a de onte (iso que non puiden facela toda ao levar aos pequenos... Chupete ), o día estivo inmellorable Moi feliz e o percorrido espectacular Abraiado
Un aplauso para a cofradía da dorna e o concello de Riveira.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos