Sáb, 06 Dec 2008, 11:39
Asunto: Re: Clasificación equipos [CCNÓS]
Vamos a aclarar algúns aspectos das clasificacións por equipos:
1º As clasificacións por equipos son manuais e feitas polo equipo de CCNOS unha vez temos a clasificación de Championchipnorte.
2º Hai corredores que non saben nin o nome correcto do seu equipo e pódense xuntar un mesmo equipo con moitos nomes diferentes( pej: C.A.E.P. - Club A. El Progreso - El Progreso- Atletismo Progreso-... ) e así ser todos do mesmo equipo pero con distintos nomes o que se convirte nun caos total posto que nin eles mesmos se poñen dacordo polo que ante a imposibilidade de facelo automaticamente o mesmo tempo que as clasificacións individuais asumimos nós o facelo manualmente, posto que hai moito que corrixir antes de sacalas.
3º Un corredor pode ter na sua conta un nome dun club oficial e pode cambialo para correr cada carreira do CCNOS pero logo debería de volver a cambialo o dia seguinte para correr as carreiras oficiais, cousa que moitos seguro se olvidarían polo que no CCNOS corre por exemplo no "Choupelas" pero corres a San Martiño co Lucus, todos estes cambios nas contas persoais dos atletas poden levar logo a problemas nas vosas carreiras e clasificación oficiais aparte de estar altereando a conta Championchip continuamente.
4º Para facelo automaticamente e sair tan correctamente como saen as clasificacións individuais por ChampionchipNorte, todos os corredores terían que estar nun equipo invariable na sua conta, estar rexistrados como equipo na páxina de ChChNorte co seu CIF real de clube.
Polo tanto observade todas as maniobras que temos que facer para:
1º Corrixir un por un o campo clube de cada atleta chegado a meta
2º Agrupar a todos os atletas no excel que teñan o mesmo nome de clube ou parecido.
3º Renombrar a esos atletas que non puxeron ben o nome do seu equipo.
4º Volvelos a agrupar.
5º Descartar equipos sen 4 homes e 2 mulleres
6º Volvelos a agrupar os que van a entrar na clasificacion
7º Dos que cumpren o anterior agrupar en cada equipo os mellores 4 tempos masculinos e 2 femininos de cada equipo.
8º Facer as puntuacións de cada equipo
9º Ordealos e exportar as clasificacións...
e así en cada carreira .
Por esto todos entenderedes que haxa que facelas manualmente e non se poidan sacar automaticamente debido o descontrol dos datos que aporta cada un dos atletas así como o xeito de estar continuamente as suas contas suxeitas a cambios.
Espero ter aclarado ás vosas dúbidas sobre todo as de algún que outro que antes de preguntar xa se cree ca potestad de acusar a Championchip de non sacalas sen sequera preguntar a organización ou interesarse por saber, cousa na que vos agrademos non caigades vos.
Un saudo calquera dúbida podedes mandarnos unha mensaxe o email: deportes @ concellodelugo.org ( todo xunto)
Gracias