Lun, 01 Dec 2008, 21:49
Asunto: Memorial Belarmino Alonso de campo a través vs Pedro Nimo
-------------De que estas feito Pedro!? de que estás feito?--------------------
Non son moi dado a escribir no foro, a pesar de que o sigo, pero Hoxe me vexo na obriga de facelo.
O domingo.... un dia para olvidar!
-o terrible frio e a choiva fixo que os meus acompañantes me deixaran tirado antes de sair polo que tiven que ir eu só a Vigo, cerca de 200km ida e volta para correr o meu primeiro cross serio.
-Antes de sair me percato de que desapareceron as unicas zapatillas de tacos que eu tiña , polo que ia ter que correr nun barrizal con zapatillas normales ¿vos imaginades en que se converteu aquelo?
- Chegando a Vigo uns homes vestidos de verde me rouban 100€ alegando que me pasaba 18km/h do limite permitido
-voto 48minutos buscando o lugar da carreira xa que as indicacions da organización eran...precarias, e incluso diria que.... erróneas
-Cando me acerco a recoller o dorsal me dou de conta de que o numeroso grupo de atletas que estaban arrancando a correr eran os da miña carreira, polo que sen dorsal nin quentar me meto no circuito e arranco 200m por detras do ultimo
-Sufro o indecible para ir collendo xente e non matarme nas zonas de barro
-Na chegada uns señores chamados xuices, moi serios eles, me din... que stou fora de toda clasificación por non levar dorsal,normal.
-Polo mesmo motivo non me dan ni un botellin de auga no avituallamento final.
É dicir !un dia de cans! con gañas de abandonar esto das carreiras por este ano.
Dentro de todo esto teño a suerte de poder dicir que coñecin un pouco mais de cerca , si non ó mellor, a un dos mellores atletas galegos de toda a historia! Pedro Nimo
Me sorprendeu como alguén coa sua clase como atleta se acercara a min duha forma tan amigable a tan paisana para preguntarme que tal me fora na carreira, xesto que para ser eu un "populacho" de 3:30 me sorprende e me enorgullece. Demostrando que inda por riba de ser o mais grande na carreira, tambén e grande como persoa.
Logo tivo un detallazo conmigo ofrecendome a sua axuda e incluso o seu propio material con tal de animarme a non abandoar e a seguir correndo, luchando e sufrindo por facer o que realmente me gusta,Correr en Galicia...jeje
GRAZAS Pedro, por ensinarnos a correr!