Mar, 16 Dec 2008, 13:34
Asunto: Son novo, e de OUrense
Hola,
Son de OUrense, teño 24 anos, levo un par de anos moi frouxos e aquí estou, tratando de baixa-la barriga (levaba uns anos de vida sedentaria, interompida só con algunha pachanguiña de futbol á semana, cunha alimentación pouco modélica e algo de afección á cervexa e ós cubatas).
Aínda que levo anos correndo a San Martiño (o meu record en 48 minutos, xa fai uns anos) e algunha carreiriña pequena, nunca me puxen a entrenar. Este ano estou decidido a entrenar habitualmente (5 días á semana) e levo 1 mes e pico correndo (7 u 8 saídas a pé e outras tantas en btt, non é todo o que me gustaría pero estou en época de exames e tiven unha pequena lesión por un golpe na San Martiño) e ata me comprei as miñas primeiras zapatillas de correr (unhas Saucony Trigon 4).
A cousa é que estes dous últimos meses estou collendo bastante a bicicleta, nadando regularmente e correndo. Este ano asistín como público ó Triatlon Cross de Allariz e este ano gustaríame competir nel (é o obxectivo diste ano).
Como carreiras este ano participei, como dixen antes, na San Martiño (na que me lesionei ó darme outro corredor un rodillazo (rodilla vs rodilla) na rotonda da saída, deuxoume unha dor terrible e acabei como puiden e fixen 56 minutos) e o domingo reaparecín na carreira de Nadal de San Cibrao das Viñas (empecei despacio para non forzar xa que días atrás recaera de dores na rodilla lesionada, despois fun a máis nas subidas adiantando a bastante xente e, ó final, na baixada final notei modestias e acabei trotando aínda que de pulmóns ía moi ben; finalmente o tempo moi moi frouxo: 44:56. Ó mellor, usei por primeira vez un cortaventos, un Kalenji dises, e quedei namorado). Estes dias vou tratar de centrar os adestramentos en algo de carreira moi suave (a ver se me deixa de da-la lata a rodilla) e natación. O 31 irei correr a San Silvestre de Castrelo.
No nadal vou deseñar (con axuda de xente que entende) un plan de adestramento para poder acada-lo obxectivo do ano. Empezarei a facer moito exercicio aeróbico (tandas largas e suaviñas) na bici e correndo xa que teño que perder uns kiliños, para esto xa estou mirando uns pulsómetros e xa case teño decidido cal comprar (Sigma Onyx Easy, para mín creo que me chega e me sobra). Tamén teño pensado invertir en roupa máis adecuada para entrenar, como xa fixen coa bicicleta (estou mellorando/restaurando a miña vella bicicleta e renovando a miña equipación).
Espero aprender moito de vós e aportar todo o que esté na miña man, que non é moito (sobre todo no que a atletismo se refire)
Ó final extendinme moito, sintoo.
Saudos