Foros ›
Autor
Mensaxe
xabi

Montañés
Montañés
31/07/07
159 Carreiras
5372 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 02 Xan 2009, 22:19
Asunto: Cross de Boborás

Data: 18 de Xaneiro

Son 8,8km de cross de montaña[/b].O percorrido está marcado en Google Maps (xa o buscarei) e a descripción do mesmo sería:

*Saída:400m en baixada por asfalto
*Tomamos unha pista de terra e ate o km 1,5 imos picando hacía arriba
*Chega o primeiro tramo de subida forte: 1km
*Despois do primeiro esforzo, atopamos 500m de falso llano, pra xirar a esquerda y escomenzar o primeiro descenso vertixinoso.Coidadiño cando chegedes abaixo porque hai un xiro de 300º hacia a dereita bastante brusco.
*"Muro" por asfalto, cunha distancia de 200m
*De novo camiño de monte:Leve baixada y escomezamos a segunda subida: está xa se fai dura de caraio porque vimos coas pernas quentiñas do descenso anterior.
*Voltamos pola pista de terra na que fixéramos o principio da carreira:asi que primeiro levfe baixada e km final hacia arriba.Non se acaba na saída do colexio,senón que a meta está situada pola parte traseira do mesmo.
*Ó alcanzar a cima (despois dunha curva peraltada

Ò rematar a proba : camiseta, chocolate quentiño, fruta, bebidas....no pabillón ó carón da saída (auga quente asegurada pra todolos participantes, ainda que os vestiarios son pequenos)

www.jeffxavi.blogspot.com
guti290971

Montañés
Montañés
10/09/08
238 Carreiras
1876 Mensaxes
Boimorto
Respostar citando Envío Ven, 02 Xan 2009, 22:51
Asunto: Re: CROSS DE BOBORÁS

Encantariame ir a ese cross, pois nunca fun a ningún.

Supoño que o calzado, xa que o percorrido e mixto, me pode valer o de asfalto, ¿non?

A non ser que vaiamos os de ACADE xusto ese dia a Rodeiro a preparar a canicross que temos o dia 1 de febreiro, alí estarei.
Afiador

Foreiro Senior
Foreiro Senior
24/09/06
0 Carreiras
512 Mensaxes
Terra da chispa
Respostar citando Envío Sáb, 03 Xan 2009, 19:31
Asunto: Re: Cross de Boborás

Cross o que se dice cross non é esta carreira xa que a terra son pistas forestais polo que o calzado non ten moita importancia , eso si para min tamén e mais que recomendable xa que sempre se pasa ben en Boborás.
xabi

Montañés
Montañés
31/07/07
159 Carreiras
5372 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 03 Xan 2009, 22:00
Asunto: Re: Cross de Boborás

Coma sempre afiador a levarme a contraría,jejeje

Home, a carreira está anunciada coma Cross, e coincidirás conmigo en que hai partes do percorrido que son sendeiros estreitos de monte, que coa choiva e orballo son perigosos no descenso,ou non?

www.jeffxavi.blogspot.com
xabi

Montañés
Montañés
31/07/07
159 Carreiras
5372 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 03 Xan 2009, 22:48
Asunto: Re: Cross de Boborás

IX CROSS POPULAR DO CONCELLO DE BOBORÁS


Data de celebración: Domingo 18 de Xaneiro.

Hora: 11:30 horas.

Organiza: Concellería de Deporte e Xuventude do Concello de Boborás.


REGULAMENTO XERAL

1. A saída darase diante do CEIP Nosa Señora de Xuvencos con horario distinto atendendo ás categorías:

- Categoría 1: 11:30 horas.

- Categorías 2 e 3: 11:45 horas.

- Categorías 4 e 5: 12:00 horas.

A liña de meta para tódalas categorías será a mesma e estará situada pola parte traseira do CEIP Nosa Señora de Xuvencos.

2. Os participantes deberán situarse no punto de saída 10 minutos antes do comezo da súa correspondente proba, sen interferir nas anteriores.

3. Os participantes deberán estar inscritos 1 hora antes do comezo da carreira. O punto de inscripción, situado no CEIP Nosa Señora de Xuvencos, pechará ás 10:30 horas.

4. Cada participante deberá achegarse ó punto de entrega de dorsais, situado no CEIP Nosa Señora de Xuvencos, para recoller o seu. Dito dorsal deberá entregarse ó remate da proba ó atravesar o arco de meta, evitando o seu deterioro ou extravío.

5. O percorrido total será de 8.800 metros, os cales estarán sinalizados e controlados pola organización, diminuíndo esta distancia segundo as categorías establecidas.

6. A clasificación será por categorías e haberá trofeos para os primeiros clasificados de cada unha delas, sendo un para home e outro para muller.







7. Os participantes que entreguen o seu dorsal, independentemente da categoría á que pertenzan, recibirán unha camiseta conmemorativa de regalo (ata esgotar existencias). Ademáis desto, tódolos participantes inscritos nas categorías 1 e 2 recibirán tamén unha medalla.


CATEGORÍA PARTICIPANTES INCLUIDOS ANO DE NACEMENTO PERCORRIDO
1 -Pre-benxamíns

- Benxamíns
2001

2000 e 1999
1.500 metros
2 - Alevíns

- Infantis

- Cadetes
1998 e 1997

1996 e 1995

1994 e 1993
4.500 metros
3 - Xuvenís

- Juniors
1992 e 1991

1990 e 1989
4.500 metros
4 - Promesas

- Seniors
1988, 1987 e 1986

1985 ata 1953
8.800 metros
5 - Veteráns 1952 e anteriores 8.800 metros



8. A organización contará coa colaboración dos organismos municipais e oficiais correspondentes.

9. Está prohibido o acompañamento dos participantes por persoas ou vehículos de axuda. O incumprimento desta norma implicará a descalificación inmediata do atleta.

10. O control de chegada pechará unha hora despois de que entre o primeiro participante.













11. As inscripcións poderanse realizar a partir do día 5 de Xaneiro, na páxina web de Cronotec (www.cronotec.org), ou nas oficinas municipais do Concello de Boborás (Rúa Cristóbal Colón, s/n, 32514 Boborás – Ourense), ben achegándose persoalmente a elas ou chamando por teléfono (988402008).

Toda inscripción deberá incluir os datos seguintes: Nome e apelidos, data completa de nacemento, sexo, e clube e número de federación (só para atletas federados).

A data límite de inscripción será o día 16 de Xaneiro ás 14:00 horas.

12. Os participantes que non poidan inscribirse do anterior modo, poderán facelo o día de realización da proba no punto de inscripción ata as 10:30 horas. Non se inscribirá a ningún participante despois desa hora.

13. Non se admitirá ningunha inscripción na que falten datos.

14. A entrega de trofeos e medallas terá lugar no pavillón municipal (situado ó lado do CEIP Nosa Señora de Xuvencos) ás 13:30 horas aproximadamente.

15. Ó remate da proba, tamén no pavillón municipal, haberá bocadillos, froita, chocolate e bebidas para tódolos participantes. Os participantes co desexen poderán ducharse e asearse.



REGULAMENTO ESPECÍFICO PARA CANICROSS

1.Na modalidade de Canicross haberá dúas únicas categorías:

- Categoría 4: Promesas e Seniors (nacemento nos anos 1988, 1987, 1986, 1985 ata 1953).

- Categoría 5: Veterán (nacemento nos anos 1952 e anteriores).

2. O percorrido será de 8.800 metros para ámbalas dúas categorías.

3. A saída darase diante do CEIP Nosa Señora de Xuvencos ás 12:00 horas e os participantes deberán situarse detrás dos atletas que participan sen acompañamento canino.

4. A liña de meta será común co resto de atletas que participan sen acompañamento canino.




5. Haberá trofeos para os gañadores de cada unha das dúas categorías, sendo un para home e outro para muller.

6. Os cans deberán ir preparados do modo que corresponda e en ningún momento deberán supoñer un perigo para o resto dos participantes nin interferir na realización de ningunha das probas.

7. Os restantes puntos do regulamento xeral afectarán de igual modo a esta modalidade.



INFORMACIÓN DA PROBA: Concello de Boborás, rúa Cristóbal Colón s/n, 32514 Boboras – Ourense, telf. 988402008.

.

www.jeffxavi.blogspot.com
jecarqui

Foreiro Senior
Foreiro Senior
12/10/05
0 Carreiras
721 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 03 Xan 2009, 23:00
Asunto: Re: Cross de Boborás

Buenas. Para nuestro gran amigo Afiador esto es un pequeño entreno Sorriso . Lo que para algunos de nosotros es cross para el es casi un paseo Moi feliz . Intentaremos vernos alli dependiendo de como vaya el pie. Por cierto, Afiador, que calzado recomiendas..... intentare darte guerra en la carrera. Silbar

Saludos a tod@s.
guti290971

Montañés
Montañés
10/09/08
238 Carreiras
1876 Mensaxes
Boimorto
Respostar citando Envío Dom, 04 Xan 2009, 19:16
Asunto: Re: Cross de Boborás

Tiña pensado ir eu so, pero sabendo que hai canicross, irei co meu border collie Todd.
Vémonos aló.
Afiador

Foreiro Senior
Foreiro Senior
24/09/06
0 Carreiras
512 Mensaxes
Terra da chispa
Respostar citando Envío Lun, 05 Xan 2009, 19:35
Asunto: Re: Cross de Boborás

Tanto tempo sin saber de ti Jecarqui (no foro vamos) , pois o percorrido novo non o coñezo xa que non fun o ano pasado pero tanto as pistas como o sendeiro chegando o pavillón son de bo firme e apenas teñen lama que sempre se pode esquivar, ou non e certo jeffxavi que eu non e por levarche a contraria , pero un cross acabas de lama deica as orellas xa que si non chove alguén se encarga de facer uns charcos de lama ineludibles...............
Sobre o calzado quen teña unhas rápidas de monte xenial e se non as de todolos días tampouco creo que marquen moitas diferencias.....eu en Castrelo corrín coas de asfalto mais vellas que teño e sin problema , bueno pois eso vemonos saudos.
jecarqui

Foreiro Senior
Foreiro Senior
12/10/05
0 Carreiras
721 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 05 Xan 2009, 21:57
Asunto: Re: Cross de Boborás

Buenas. Gracias Afiador por tus consejos, ando un poco desconectado del foro. Espero estar en este cross, pero antes nos veremos en Xinzo. Siempre y cuando el pie me deje correr. A entrenar y disfrutar. Saludos

Saludos a tod@s.
xabi

Montañés
Montañés
31/07/07
159 Carreiras
5372 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 11 Xan 2009, 23:14
Asunto: Re: Cross de Boborás

bueno correlegas, falta 1 semana!!! tengo el pié en hielo, pero no dudeis que alli estaré.

www.jeffxavi.blogspot.com
luisiñono

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
24/10/08
0 Carreiras
158 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 11 Xan 2009, 23:18
Asunto: Re: Cross de Boborás

eu tamen ali estarei
xabi

Montañés
Montañés
31/07/07
159 Carreiras
5372 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 11 Xan 2009, 23:23
Asunto: Re: Cross de Boborás

paulkoech escribió:
eu tamen ali estarei

pois espero nos coñezamos!!! vaiche a gustar o percorrido, se é que non o coñeces.Eu o ano pasado fixen alí a miña millor carreira do ano (3,56).

Agora que yontahan26 se anime!!! Mr. Green

www.jeffxavi.blogspot.com
yonathan

Super Veterano
Super Veterano
23/04/08
70 Carreiras
2746 Mensaxes
a coruña
Respostar citando Envío Lun, 12 Xan 2009, 0:13
Asunto: Re: Cross de Boborás

eu igual tamén me animo,ainda que lles dixen os meus compañeiros de ACoruña que seguramente non correría,ó mellor ánímome,que gustanme ascarreiras duras e así me despido con bo sabor de boca para prepara-la Vig Bay en condicións,un saúdo correlegas Guiño
Tartarugo

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
13/07/07
150 Carreiras
1153 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 12 Xan 2009, 12:04
Asunto: Re: Cross de Boborás

Por certo, alguén ten as clasificacións do ano pasado ou dun ano anterior?? Gustariame saber como ten sido o nivel da cola da carreira porque xa tiña idea de ir este ano pero como ademais puntua para o circuito apeteceme doblemente. Un saudo e gracias anticipadas

Se eu puiden, ti tamén...
xabi

Montañés
Montañés
31/07/07
159 Carreiras
5372 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 12 Xan 2009, 12:10
Asunto: Re: Cross de Boborás

Tartarugo escribió:
Por certo, alguén ten as clasificacións do ano pasado ou dun ano anterior?? Gustariame saber como ten sido o nivel da cola da carreira porque xa tiña idea de ir este ano pero como ademais puntua para o circuito apeteceme doblemente. Un saudo e gracias anticipadas

teñoa eu, coma non!!! Onde cha envío?

www.jeffxavi.blogspot.com





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos