Lun, 12 Xan 2009, 18:56
Asunto: Ciclo Andainas 2009 - Ribeira
Boas tardes.
Como vedes mando adxunto o cartel correspondente ó CICLO DE ANDAINAS 2009 do programa PONTE A ANDAR organizado pola Cofradía da Dorna e o Concello de Ribeira.
Nel xa figura toda a información relativa ás datas os puntos de saida e os horarios de saida e chegada, así coma a distancia.
Este ciclo ven sendo unha continuación do anterior que rematou en Decembro con moi boa acollida por parte dos participantes, e con satisfacción por parte dos organizadores por eso buscamos darlle continuidade.
A primeira das andainas é o vindeiro domingo 18 de xaneiro, e sairase da explanada do pavillón deportivo de Coroso (Polideportivo Santa Uxía), subirase pola Carballa, para chegar ó monte de San Alberte, e voltar de novo ata o pavillón. Evidentemente pasaremos pola Pedra das Cabras, e pola ermita de San Alberte. A distancia é moi similar ás anteriores (uns 12 km.) que consideramos completarase nunhas 2 horas.
Prégase traer calzado e roupa apropiada a actividade é a climatoloxía, e tamén puntualidade.
Moitas gracias.
cartelciclosandainas2009.jpg
|
Descrición:
|
CARTEL CICLOS ANDAINAS 2009 |
Nome do arquivo: |
cartelciclosandainas2009.jpg |
Descargado: |
1448 veces |