Mér, 25 Mar 2009, 0:29
Asunto: Re: Maraton Nocturno
Acabo de pasar a ponte do 19 de marzo en Bilbao e podo asegurar que o percorrido vai ser absolutamente plano se emprega parte da carreira Bilbao-Santurce (por toda la orilla con la falda remangada, como dí a canción).
Unha magoa non saber ainda a ciencia certa se ese vai ser o percorrido, todo pola beira da ría (por chamarlle algo, xa que é mais estreita que a de Pontevedra na meirande parte do seu percorrido).
Xa teño medio pe posto nesta maratón... porque teño casa jratis, os medios de transporte alí funcionan de película (metro, tranvía, autobús, euskotren, FEVE, Renfe... ponte colgante... hai onde elexir, dende logo)... e como adoito adestrar de noite para min será como estar na casa... ou case