Mér, 01 Abr 2009, 10:18
Asunto: Re: Neopreno para triatlon
Boas de novo:
Eu pilleime un 2XU, C2, saíume por 155,91 € ( agora xa está máis barato ), o mirara nunha tenda en Madrid e mo deixaban en 220,00 porque o tiñan co 20% de desconto, pero de tódolos xeitos coma en case todos os sitios non tiñan máis que unha talla, ou sexa o final te tes que levar o que teñan na tenda que che valga, co cal tampouco solucionamos nada.
En wiggle cando escolles un producto, polo xeral te poñen unha indicación das tallas, ou podes visitar directamente a páxina do fabricante e é posible que tamén a teñan ( 2XU ten a relación de tallas ), así que xa tes unha orientación bastante válida da talla que che fai falla.
En canto os portes, xa te indica na páxina que son pagados en pedidos maiores de 54,00 € ( iso creo recordar ), así que non tes ningún tipo de problema.
Bueno compañeiros, espero que isto os aclare máis as cousas, e sorte, que estamos todos na mesma situación.
Vémonos