Foros ›
Autor
Mensaxe
Benito

Foreiro infantil
Foreiro infantil
19/08/08
0 Carreiras
111 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 26 Mai 2009, 21:35
Asunto: III Triatlo da Amizade

Hola a tod@s
Hoxe celebrouse a última reunión de traballo previa a celebración do III Triatlo da Amizade o próximo 5 de xullo.
Adxúntovos a nota de prensa que mañán será publicada en diferentes medios de comunicación.
Xa temos definidos os cirucuitos de natación. 750 metros, o de carreira a pe, 4 voltas a un circuito de algo máis de 1 km e sólo nos falta un par de detalles para terminar o circuito de bicicleta inda que si vos podo anticipar que serán 3 voltas.
Gustaríanos que a proba fora do gusto da maioría e esperamos mirarnos o próximo 5 de xullo.
Na miña web personal irei colgando nos próximos días os planos dos circuitos, supoño que a partir da semana que ven.
www.avoltascoscontos.com
Xa vos irei informando, pero durante o mes de junio, ó igual que o ano pasado, poderendes visitar os circuitos (visita guiada). De momento nada máis. Saudos.
Benito
Esta é a nota de prensa.
A terceira edición do Triatlo da Amizade celebrarase o próximo 5 de xullo entre as localidades de Goián (Tomiño) e Vila Nova de Cerveira.
Este martes 26 de maio no Concello de Tomiño tuvo lugar a última reunión de traballo conxunta previa a celebración do III Triatlo da Amizade.
A misma asistiron Sandra González, alcaldesa do Concello de Tomiño, Fernando Matías, Asesor da Cámara Municipal de Vila de Cerveira, Fernando Álvarez, Concelleiro de Deportes de Tomiño, Francisco Villanueva, Presidente da Federación Galega de Triatlón e Marco Miranda, Delegado da Federaçao de Triatlo de Portugal.
Esta é a última dunha serie de reunións de traballo que se levan celebrado nos últimos meses co obxetivo de seguir adiante cun proxecto iniciado en abril do 2006 e do que ahora se faen cargo os dous concellos e as duas federacións.
Este ano celebrarase a terceira edición desta competición . Unha proba un tanto peculiar xa que mui posiblemente sea unha das poucas probas de triatlón a nivel internacional que discurra entre dous paises.
Un dous acordos ó que se chegou nesta reunión de traballo , e que demostra o gran interés por seguir adiante con este proxecto transfronterizo, foi fixa- la fecha para as vindeiras edicións.
A partir do ano 2010 o Triatlo da Amizade celebrarase sempre o último domingo do mes de setembro inda que este ano, por dificultades a hora de encontrar unha fecha que se adaptara ós calendarios de competición das duas federacións e ós compromisos de ambos concellos, a proba celebrarase o vindeiro 5 de xullo.
O lugar de inicio da proba será no embarcadoiro de Goián as 4 da tarde hora galega, unha hora menos en Portugal.
O primeiro segmento da competición será a proba de natación cunha distancia de 750 metros e donde os triatletas cruzarán 3 veces a linea fronteriza que hai no medio do Río Miño, unha raia que sólo existe nos mapas e que máis que separarnos únenos.
Cuando os triatletas cheguen ó Cais do Rio Miño, na localidade de Vila Nova de Cerveira, terán que coller as suas bicicletas de montaña e dar 3 voltas a un circuito que discurrirá pola orilla do Río Miño e o Castillo de Lobelhe.
Unha vez terminen as 3 voltas emprenderán camiño de regreso rumbo a Galicia cruzando pola Ponte da Amizade e rodando polas pistas forestais cercanas ó Pazo de Goián para finalizar outra vez no antiguo embarcadoiro do ferri.
Este segundo sector terá unha lonxitude de casi 18 km donde os triatletas terán que rodar sobre pistas de terra, ruas de adoquins e algo de asfalto.
O último sector discurrirá polos arredores da Fortaleza de San Lorenzo de Goián ó que os triatletas terán que darlle 4 voltas a esta fortaleza para cubrir unha distancia de 4 km e medio.
Nesta terceira edición os portugueses, vencedores da proba do ano pasado, serán os defensores do Trofeo da Amizade e os galegos intentarán recuperar este título que xa ganaron na primeira edición e que, lamentablemente para eles, perderon na segunda.
O trofeo en disputa é o símbolo da competición e trátase da Escultura Ponte de Culturas do escultor e ceramista alicantino Don Arcadio Blasco.
O Triatlo da Amizade é muito máis que unha competición deportiva, algo que vai máis alá das fronteiras físicas e emocionais, un punto de encontro entre as xentes de ambos paises, un encontro coa nosa historia, o noso pasado e o noso futuro, en definitiva unha proba única.
Poderán participar tanto triatletas federados como non federados e tamén se poderá competir en equipos de relevos compostos por 2 ou 3 deportistas.
Os deportistas galegos que queiran participar deberán inscribirse na Federación Galega de Triatlón www.fegatri.org e os portugueses na Federaçao de Triatlo de Portugal www.federacao-triatlo.pt
A cita, o próximo 5 de xullo.
Corredor_negreira

Foreiro Senior
Foreiro Senior
13/11/06
37 Carreiras
359 Mensaxes
Negreira
Respostar citando Envío Mar, 26 Mai 2009, 23:02
Asunto: Re: III Triatlo da Amizade

pois probablemente vaia!! asi debutarei en proba internacional Moi feliz
koki

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
27/08/08
0 Carreiras
281 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 27 Mai 2009, 14:37
Asunto: Re: III Triatlo da Amizade

Alli estaremos un año mas, Benito, me alegra que esta prueba se repita un año mas, ya que nos dejó un buen sabor de boca en la anterior edicion.
cocoman

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
17/08/08
0 Carreiras
185 Mensaxes
PONTEVEDRA
Respostar citando Envío Mér, 27 Mai 2009, 17:55
Asunto: Re: III Triatlo da Amizade

otro que se apunta. enhorabuena por hacer este deporte cada día más grande
Piky

Foreiro Gatuno
Foreiro Gatuno
13/02/06
0 Carreiras
1893 Mensaxes
Santa Comba - Santiago
Respostar citando Envío Mér, 27 Mai 2009, 18:09
Asunto: Re: III Triatlo da Amizade

Allí estaremos el día 5. Y a partir del año próximo ya tenemos evento con el que cerrar la temporada.
Breixía

Foreiro infantil
Foreiro infantil
12/01/09
0 Carreiras
69 Mensaxes
Pontevedra
Respostar citando Envío Mér, 27 Mai 2009, 19:29
Asunto: Re: III Triatlo da Amizade

Pois outro, que si non ten problemas, tamén estará.

É un gustazo que haxa probas así.

Moitas grazas
Benito

Foreiro infantil
Foreiro infantil
19/08/08
0 Carreiras
111 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 27 Mai 2009, 22:26
Asunto: Re: III Triatlo da Amizade

Este ano a min correspóndeme faer o traballo de coordinar a competición, unha peza máis do grupo de xente que está detrás deste proxecto.
Un dos aspectos fundamentales nos que nos estamos esforzando é en mellorar a seguridad da proba; conscientes dos fallos que hubo o ano pasado e intentando ofrecervos uns circuitos que sean do gusto da maioría.
Ós triatletas sólo agradecervos o interés mostrado pola proba e a vosa presencia na misma será o que anime a que máis personas se animen a colaborar coa organización ou simplemente a asistir como espectador.
Os nosos recursos económicos son mui pero que mui limitados, pero creo que este proxecto ten futuro porque hai muitas personas que teñen ganas que isto siga para adiante.
E que este proxecto avance está nas mans de todos, xa veremos cos anos a donde chega esta proba. Mirámonos o 5 de julio.
Corredor_negreira

Foreiro Senior
Foreiro Senior
13/11/06
37 Carreiras
359 Mensaxes
Negreira
Respostar citando Envío Mér, 27 Mai 2009, 22:37
Asunto: Re: III Triatlo da Amizade

de aqui do meu pobo seguramente 3 ou 4 se animan a correlo!

Animadevos correlegas a participar!!
pequecho

Novo foreiro
Novo foreiro
11/08/08
0 Carreiras
37 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 28 Mai 2009, 6:47
Asunto: Re: III Triatlo da Amizade

Outro mais que repite .... O ano pasado paseino en grande. O escenario, o ambiente, o público, .... é unha maravilla. Respecto a organización, que dicir.... fallos temos todos (eu non os notei) pero a ilusión que lle pon Benito e mais toda a xente que fai que esta proba siga pra diante é pra quitarse o sombreiro.
lou_petó

Foreiro Senior
Foreiro Senior
14/11/08
0 Carreiras
591 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 28 Mai 2009, 10:51
Asunto: Re: III Triatlo da Amizade

eu fun o ano pasado de espectador e xa me encantou vela. Este ano tentarei participar. O escenario impresionante e a xente increible. Se podo alá estarei.

They will sacrifice anything to achieve their goals...except their honor (Chariots of fire)
Alex1983Alex

Foreiro infantil
Foreiro infantil
3/05/07
0 Carreiras
76 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 28 Mai 2009, 12:02
Asunto: Re: III Triatlo da Amizade

Buenas! estoy muy contento de que se vuelva a realizar esta prueba...
El año pasado disfrute mucho y espero volver a estar alli : Bailar

solo un par de cuestiones que me gustaria saber:

El circuito de Btt sera "facil" como el del año pasado? Moi feliz
porque el de la 2ª edicion habia sido un poco peliagudo en algunos puntos

el circioto es de carrera a pie es mas corto este año?

Bueno nada mas , un saludo espero veros por alli!! ah.. una cosa,
¿alguien tiene las fotos del año pasado?
Benito

Foreiro infantil
Foreiro infantil
19/08/08
0 Carreiras
111 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 02 Xuñ 2009, 18:57
Asunto: Re: III Triatlo da Amizade

Para a vosa información, a espera de que colgue os mapas na miña páxina pois ahí van alguns datos.
A proba será as 4 da tarde hora galega.
A proba de natación sale da orilla galega e terendes que nadar Río arriba, con corriente a favor e unha distancia de 750 m.
O sector de BTT serán 3 voltas por Vila Nova de Cerveira e logo o enlace hasta Goián, na orilla galega do Miño. En total serán pouco máis de 17 Km
¿Qué é peliagudo?. Depende de como o mire cada un.
Este circuito ten tramos anchos de asfalto ou adoquins, tramos de terra, 2 subidas, unha de 100 metros e a outra de 50 metros, as 2 de terra, que haberá que subir 3 veces cada unha delas
Despois hai outra subida de 300 metros que haberá que subir sólo unha vez. Tamén en terra.
Algún descenso, un paso estreito que non ten máis de 2 metros de ancho.
Eu creo que quedou un circuito divertido, recoméndase, coma sempre, que se visite antes da competición.
A proba é un domingo pola tarde e non custa nada ir unhas horas antes e miralo con calma.
E senón, pois, vandes mui despaciño na primeira volta, mirándelo con calma, disfrutandes do paisaxe e da brisa do Río Miño, parandes a tomar un pincho...e ganar non se gana, pero pasandes o día.
Acordeime ahora algo que se me olvidaba. A última vez que dei unha brazada nadando foi o ano pasado probando o sector da natación da pasada edición.
Custoume o seu cruzar o río, pero non me afoguei. Bueno, axudáronme os da Marina Portuguesa que me acompañaron cunha zodiac e deixárome agarrar para descansar.
E este viernes as 2 e media da tarde vanse a dar as mismas condicións que a hora da competición e salirei a probar o circuito. Volverán a acompañarme. Xa vos contarei como sale o asunto.
O circuito a pe serán 4 voltas a un circuito de 1 Km e 150 metros. Total...4 Km e medio.
Os que viñeron o ano pasado acordaranse daquela costa que había que subir en bicicleta nada máis salir de boxes. Íbase pola orilla do Río Miño ó largo de 200 metros e logo viraxe a dereita e para arriba durante uns 100 metros.
Pois esa subida haberá que faela 4 veces correndo a pe e ó chegar arriba pois llanear e logo virar a dereita e costa abaixo hasta a zona de meta.
Na última volta en vez a virar a dereita pois de frente hacia meta.
Duas cousas mui importantes. PERO QUE MUI IMPORTANTES.
A primeira, ó cruzar a meta terendes 50 metros para frenar, o que non dea frenado acabará no Río. Alá cada un, pero vindo quentes non é nada bo eses choques de temperatura.
E ahora algo mui pero que MUI IMPORTANTE. PERO QUE MUITO.
A natación é cruzar o río. O sector en bici son 3 VOLTAS E O CAMIÑO DE REGRESO HASTA GALICIA.
E A CARREIRA A PE SON 4 VOLTAS.

Cada un ten que ser responsable de contar as voltas que da. O que queira dar algunha máis. Non sei, que ó mellor gústalle muito o circuito ou paréncelle poucos kilómetros e quere dar algunha máis.
Non hai problema, non nos vamos a enfadar, e o que lle parece mui largo pois nada, das algunha de menos e non pasa nada.
O importante é que todos disfrutemos do día, inda que non sei que pensarán deste tema das voltas os xuices.
En cuanto as fotos do ano pasado pois hai algunha solta, pero tampouco muitas, son fotos generales.
Haberá que ver se este ano van os fotógrafos e logo vendémolas para que o tema de organizar carreiras non nos vaia tanto ó bolsillo e axudar ós gastos.
Non vos olvidendes que na última semana podendes concertar hora para enseñarvos os circuitos. MIRÁMONOS O 5 DE JULIO.
Saludos.
Benito
Corredor_negreira

Foreiro Senior
Foreiro Senior
13/11/06
37 Carreiras
359 Mensaxes
Negreira
Respostar citando Envío Mar, 02 Xuñ 2009, 20:14
Asunto: Re: III Triatlo da Amizade

parece divertido o circuito!! aver se teño a bici pra aquela e xa a estreo en competicions Moi feliz

que de entreno vai ir xusta
koki

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
27/08/08
0 Carreiras
281 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 03 Xuñ 2009, 9:41
Asunto: Re: III Triatlo da Amizade

Nada Benito que estamos ya impacientes a que cuelgues los mapas en tu WEB, pero mas o menos, segun explicaste, queda bastante claro, por lo menos para los que fuimos el año pasado.
pentatleta

Foreiro Senior
Foreiro Senior
9/02/09
0 Carreiras
624 Mensaxes
A Mariña
Respostar citando Envío Mér, 03 Xuñ 2009, 10:15
Asunto: Re: III Triatlo da Amizade

Alegrame ver que vos animades, espero que o pasedes ben e sempre e un gusto ter pruebas e organizadores de este nivel.
Lou_peto, Corredor_negreira, e os demais a dar caña eeeeh.

www.cristobalrodriguez.es.tl





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos