Foros ›
II Andaina Concello de Pereiro de Aguiar (Ourense) 2009
Foros de debate / Carreiras de Montaña
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
xabi

Montañés
Montañés
31/07/07
159 Carreiras
5372 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 04 Set 2009, 13:33
Asunto: II Andaina Concello de Pereiro de Aguiar (Ourense) 2009

2ª Andaina do Pereiro de Aguiar.
Ruta dos Muiños.


A SEGUNDA ANDAINA DO PEREIRO DE AGUIAR terá lugar o 13 de setembro a partir das 10.30 horas. Con esta iniciativa pretendese dar a coñecer un pouco o Concello. A proba discorrerá ó longo do Río Loña, disfrutando dun entorno moi agradable, e coñecendo os diferentes muíños que antigamente foron unha fonte de ingresos para a xente do lugar. Visitaremos o encoro de Cachamuíña (recentemente acondicionado), voltando cara o río Loña polos montes da Chaira. O percorrido ten unha lonxitude de 15 km.

DATA: Domingo 13 de Setembro de 2009

HORA:
10.30 Horas

ORGANIZA: Concello de Pereiro de Aguiar.

SAÍDA E CHEGADA: Campo de Fútbol da Carabina (Loñoá)

LONXITUDE: 15 km.

INSCRICIÓNS: As inscricións realizaranse en:

CONCELLO DO PEREIRO DE AGUIAR (Antiga casa do concello)
Telefono 988.25.98.39
Fax: 988.25.93.95

Tienda de deportes "Red 1"
Rúa da Sainza, 18.
Ourense

· O importe será de 5 euros por persoa

· As datas de inscrición serán do 17 de agosto ó 9 de setembro (ambos inclusive)

· Haberá un limite de 250 participantes

· O ingreso farase no nº de conta de Caixanova 2080 0326 11 0040007438, indicando nome e apelidos do participante. En calquera caso terase que envíar por Fax ao nº 988.25.93.95 o xustificante bancario de ingreso na conta.

Habrá varios puntos de AVITUALLAMENTO

1º AVITUALLAMENTO: Área recreativa de Santa Marta (KM. 3,00) (BEBIDAS)
2º AVITUALLAMIENTO: Embalse de Cachamuíña (KM 7.400) ( BEBIDA E COMIDA)
3º CAMPO DE FUTBOL DA CARAVINA (15,00 KM) (BEBIDA) E XANTAR O REMATE DA PROBA NA ÁREA RECREATIVA DE LOÑOA.

DUCHAS: Vestiarios do campo de fútbol

Non poderán participar menores de 18 anos,(menores de idade baixo a responsabilidade dos seus pais)

Non tirar o lixo polo chan.

Levar en todo momento o dorsal a vista

Levar roupa axeitada para camiñar

En caso de abandonar a proba, notificalo a organización

Pasar polo control de chegada, para dar o número do dorsal e recoller o regalo conmemorativo

AGASALLOS: Despois do xantar, efectuarase un sorteo de agasallos achegados polos diferentes patrocinadores.





************************************************************

postdata: he copiado y pegado directamente desde la web del Concello y no puesto un link a mi blog para que no haya mal entendidos.
postdata 2: estoy relajado

www.jeffxavi.blogspot.com
Cecebre

Mods
Mods
9/11/03
0 Carreiras
1346 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Ven, 04 Set 2009, 14:23
Asunto: Re: II Andaina Concello de Pereiro de Aguiar (Ourense)

Deixo o enlace á web do Concello de Pereiro de Aguiar, no que poñen fotos da ruta:

www.concellopereiro.co...daina2009/

Saúdos.

Nature by numbers by Cristóbal Vila, Etérea Studios
xabi

Montañés
Montañés
31/07/07
159 Carreiras
5372 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 04 Set 2009, 14:50
Asunto: Re: II Andaina Concello de Pereiro de Aguiar (Ourense)

sabía que ías entrar !!!! Mr. Green

www.jeffxavi.blogspot.com





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos