Bugarin escribió: |
Hola: Sen ánimo de facer publicidade desta marca, penso, con coñcemento de causa, que hoxe por hoxe as Saucony son as que mellor relación aportan en amortiguación, lixeireza, estabilidade e precio. Eu teño probado Mizuno Raider e Creation, Asics Kinsei e Nimbus, Brooks Glicerin, New Balance 1060,1062 e as de competición de Trail, Inov 8, Adidas Supernova Cushion, Saucony Triumph, Paramount, Tangent, Excursion TR, Ride e o mellor modelo de trial que non lembro o nome, Salomon XA pro, e mesmo recomendaría calquera delas. De tódolos xeitos Mizuno ten grandísimas zapas e son as preferidas hoxe por hoxe do gran público runner, lixeiras, cómodas e estables, Asics unha impresionante amortiguación e deseño, New Balance fiabilidade e resistencia, ademais de facer diversos anchos para tódolos corredores incluso os que precisan zapas "ortopédicas" (pés planos, hiperpronadores), incluso ten fabricado o único modelo no mercado para supinadores (algo impensable), pero aí está. As Saucony cando as poñades nos pés notaredes que son moi blandas e suaves, incluso as máis baratas, e gustaranvos, iso ten un secreto que vos desvelarei noutra vindeira parrafada.Todas as marcas son fantásticas só hai que saber elexir o modelo axeitado ó noso peso, á nosa pisada, á foma dos nosos pés, ó terreo sobre o que soemos correr, ós nosos obxectivos, o volume de carreira e o tipo de rodaxes, ás carreiras que facemos, ó noso entrenamento previo, á nosa idade, etc.. Se atopamos alguén que nos indique a zapa axeitada en función deses parámetros atoparemos a mellor zapatilla da nosa vida, sin dúbida algunha. Un saúdo a todas e todos. |