Mar, 29 Set 2009, 8:41
Asunto: Axuda para iniciarse
Moi boas a todos. Levo xa un tempo lendo o foro, e tamén participando algo, aínda de xeito moi esporádico, polo que o máis probable é que a maioría non me coñeza.
O tema é que despois de participar durante varios anos en carreiras pedestres (con máis pena que gloria, todo hai que dicilo), estoume animando a probar esto do duatlón e triatlón. Ultimamente estou saíndo a correr uns catro días a semana, e en bici dous, e a verdade e que esto de combinar os dous deportes estame resultando moi entretido.
Agora o que me gustaría (e é neste punto no que pido a vosa axuda) é poñerme en contacto con algún clube de triatlón da zona de Vigo, para poder federarme e que me asesoren.
Eu vivo en Gondomar, polo que tamén sería estupendo atopar a alguén da zona con que poder adestrar e que me axude algo a poñerme ao día neste deporte.
Para que vos fagades unha idea da miña "calidade atlética", direivos que teño 30 tacos, e que este último ano fixen 1h21' en media maratón, sobre 37' en 10000, e 3h19' en maratón.
Perdón polo tocho, e saúdos a tódolos foreiros