Mar, 01 Dec 2009, 12:13
Asunto: X Carreira Popular de Pontecesures 2009 - Sábado 26/12
OLA UN ANOS MAIS.
AQUI QUEREMOS PRESENTARVOS UNHA MODESTA CARREIRA POPULAR QUE OUTRO ANO MAIS ORGANIZAMOS DENDE O CONCELLO DE PONTECESURES.
PARA OS QUE A COÑECEDES DECIRVOS QUE VA SER COMA OS ULTIMOS ANOS, E PARA OS QUE NON A COÑECEDES AHÍ VAN UNHAS NOTAS:
Este ano a carreira é o sábado 26 de decembro, co mesmo percorrido que os anos anteriores.
Haberá distintas categorias e 3 carreiras para pequenos antes da proba grande. Estas carreiras de pequenos se inician ás 16.30 h. A proba grande, cun percorrido que non chega ós 5 kilómetros será ás 17 h. Ó remate desta carreira, mentres a organizacion saca o listado de gañadores, faise unha carreira para os pitufos ata 4 anos.
Trofeos ós 3 primeiros da xeral, e medalla de recordo os 3 gañadores de cada categoria, así como unha camiseta de recordo ós 200 primeiros inscritos. Tamén trofeo de recordo ó corredor e corredora mais veteranos.
Inscripcion e mais información nos telefonos do Concello de Pontecesures en horario de 8 a 15 h. 986 564 410 e 986 564 403, preguntando por Fran Freiria ou José Rodríguez.
O percorrido para quen non o coñeza é o mesmo de anos anteriores e o seu perfil é llano ata unha única subida, pronunciada, duns 70 -80 metros, e enseguida unha baixada tamén pronunciada que medirá 100 m. escasos. Logo volta a ser en llano ata a meta. Os que viñeron a correr din que é un bo circuito, tendo en conta que polas limitacións do rio, via do tren e carreteras nacional e comarcal non temos outra posibilidade de circuito.
Animádevos e nos vemos o 26 en Pontecesures. Por certo, estamos entre Padrón e Valga!!!