Sáb, 05 Dec 2009, 0:30
Asunto: Dudas de principiante
Hola a todos.
Inda que vos leo de cando en vez con motivo das carreiras populares, esta é a miña primeira intervención no foro. O caso é que me estou a plantexar comezar co triatlón esta tempada que se aveciña, e teño as miñas dúbedas, a ver se me podedes axudar a orientarme.
Como son regular ciclista, mal nadador, pésimo corredor a pé e en xeral horroroso fondista
, confórmome con participar e rematar
.
Penso que dado que na miña vida me subín a unha bici de carretera
non é mala idea empezar polos duatlón-cross, pero aquí comezan as miñas preguntas, ¿qué nivel hai? sobre todo na carreira a pé, ¿a 5 min/km quitarame moita vantaxe o penúltimo
?
Logo xa virían os duatlóns e os triatlóns de estrada, ¿pódense correr con licencia de un día igual que os de cross? Dígoo por probar, non vaia ser que despois do primeiro non me queden gañas de seguir ... Algo vin de que os había populares, pero non atopei nengún calendario na web da federación ¿cuántos son máis ou menos na tempada?
Saúdos e gracias anticipadas polas respostas