Mér, 13 Xan 2010, 16:09
Asunto: ENTRENAMENTO ORIENTACIÓN-AROELO PONTEVEDRA
Tempada 2010 de Orientación
Logo dará comenzo unha nova tempada no deporte de Orientación e, co fin de que tódolos amantes das actividades na Natureza teñades a oportunidade de coñecer este apaixoante mundo, convidámosvos a participar con nós nun cursillo teórico-práctico que organizaremos os días 15 e 16 de Xaneiro.
A orientación é un deporte para todas as idades sen importar a forma física ou o nivel técnico. Nas súas probas danse cita e conviven, dende nenos ou maiores ata deportistas do máis alto nivel, pasando por grupos, parellas ou familias que disfrutan sinxelamente paseando polo monte. Tódalas carreiras da Liga Galega teñen percorridos de iniciación para maiores e iniciación para nenos.
- Venres 15, ás 20:30h, na sede do clube Montañeiros de Pontevedra (Casa da Xuventude - 2º andar). Teórica: “As carreiras de Orientación: Manexo do mapa e o compás”.
- Sábado 16, de 10:30h a 13:30h, na Lagoa de Castiñeiras. Práctica: Percorrido de iniciación tutelado nos primeiros tramos por orientadores federados do clube.
¡ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR DUN DEPORTE QUE MANTÉN EN FORMA CORPO E MENTE!
PARA INICIADOS E FEDERADOS HABERÁ PERCORRIDOS DE ENTRENO DE DIVERSOS NIVEIS ATA UN PERCORRIDO DE DIFICULTADE EXTREMA. ¡A VER QUÉN O REMATA!
Organiza: Javier Alvelo (responsable de Orientación do clube Montañeiros)
Técnico Trazador: Manuel Fariña
Monitores: Socios federados en Orientación do clube Montañeiros
aroelo @ hotmail.com 630 437 762