Mér, 24 Feb 2010, 19:56
Asunto: Re: Presentación e Ideas para andaina Popular
Moitas grazas a todos,
O de planificar a ruta co Gmaps é moi boa idea.
En principio o percorrido está máis ou menos listo, pero se a chuvia nos deixa ultimaremos en próximos días a medicion e xeolocalización con ortofotos, e mapas topográficos para deixalo claro.
O percorrido será duns 15 a 20 km con pendente na parte inicial (6 km), baixada e o resto sin pendientes. Todo transcorre polas beiras do pobo, o problema de ser o municipio máis pequeno de españa e que logo salimos dos lindes, pero no é problema, o caso é facelo.
Transcorre o primeiro treito ata a ladeira do castelo de vilasobroso, dirección ó castro celta de troña e baixada ó rio tea bordeándoo por un lado e por último visitando a zona das pías. O rio pertence ó plan natura.
Despois, a promoción xa é algo secundario pero non de menos importancia. Asi que mans á obra.
Agradezo toda a vosa axuda, seguide facendo suxerencias.