victorino escribió: |
Son un corredor afeccionado que dende fai dez anos participei en numerosas carreiras. Fai pouco máis dun mes que sufrín un infarto de miocardio. O Dr. que me atendeu recomendoume moito que lles dixera a todos os coñecidos que practican atletismo, que o deporte é saudable, pero que se deben de facer unhas probas cada certo tempo para evitar sorpresas desagradables, e máis despois de unha certa edade, (teño case sesenta e catro anos). Unha das probas imprescindibles é a proba de esforzo, que pode ser unha proba rodando nunha cinta ou pedaleando nunha bicicleta estática cuns electrodos colocados no peito e conectados a unha pantalla que rexistra a actitude eléctrica e os latidos do corazón. Tamén pode realizarse unha proba de esforzo inxectando radioisótopos na corrente sanguínea (esta é a proba máis fiable) xa que permite averiguar o tamaño das cavidades cardíacas, o bombeo do sangue e si hai músculo cardíaco dañado ou morto. Esta proba tamén suministra información sobre as arterias e posibles estreitamentos ou ostruccións nas mesmas. Calqueira das dúas probas teñen pouco risco, pero teñen que ser feitas por especialistas que teñan os sufecentes medios para subsanar calquera imprevisto que ocurra. O prezo, senón é pola Seguridade Social ronda os 100-150 Euros. Boeno amigos, coidarse, eu afortunadamente desta saín adiante, pero hai que prever a tempo. Un saúdo. |