Lun, 26 Abr 2010, 22:43
Asunto: Re: VII Carreira popular Virxe da Guía de Carreira-Ribeira
Información remitida polo gran "boss" da Guía: Abraham Benítez...
A
VII Carreira Popular “Virxe da Guía” celebrarase o
luns, 17 de Maio 2010 (Día das Letras Galegas), tendo saída e chegada na Capela da Guía de Carreira (Sta. Uxía de Ribeira).
Esta edición estará adicada ó atleta ribeirense
Jose Luis Nespereira,
“pola súa traxectoria deportiva”
Proba puntuable para o III Circuito de Carreiras Populares do Concello de Ribeira.
Categorías:
• Pitufos/as de 3-5 anos
• Benxamíns/as de 6-8 anos
• Infantiles/as de 9-12 anos
A) Homes nacidos entre 1994-1997
B) Homes nacidos entre 1985-1993
C) Homes nacidos entre 1976-1984
D) Homes nacidos entre 1965-1975
E) Homes nacidos entre 1951-1964
F) Homes nacidos antes de 1951.
G) Mulleres nacidas entre 1994-1997
H) Mulleres nacidas entre 1982-1993
I) Mulleres nacidas entre 1970-1981
J) Mulleres nacidas antes de 1970
Premios:
Categoría Masculina/Femenina:
1º 150 € + Agasallo
2º 100 €
3º 50 €
• Trofeos para os 3 primeiros clasificados das categorías A) a J).
(Nas categorías Pituf@s, Benxamins/as e Infantiles, todos recibirán medallas conmemorativas e camisetas (Non haberá trofeos nin clasificacións). Ao rematar as probas na entrega de trofeos, sortearase unha bicicleta).
• Trofeo ó/á máis veterán/a.
• Trofeo ós 3 primeiros do Concello de Ribeira.
1º 40 € + Vale fisioterapeuta
2º 30 € + Vale fisioterapeuta
3º 20 € + Vale fisioterapeuta
Premio por batir o record da proba: 100 €.
• Masculino: Suso de la Fuente (15:42)
• Femenino: Yolanda Gutiérrez (18:17)
Distancias e Horarios:
Pitufos/as: 75 metros (11:15)
Benxamíns: 600 metros (11:00)
Infantiles: 1,5 km. (10:45)
Absoluta: 5,2 km. (11:25)
Inscripcións:
Directamente na web http:carreira.info/virxedaguia
Prazo: Entre o 30-Abril-2010 e o Xoves, 13 de Maio, ás 20:00 horas. (Non se admitirán inscricións fora de prazo).
Prezo: Gratuita
Recollida de dorsais:
Realizarase o día da proba no lugar de saída e hasta 15 minutos antes do inicio de cada proba.
- A organización non se fai responsable dos danos morais ou materiais que a sí mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes desta carreira, así coma das neglixencias ou imprudencias que poidan cometer durante o seu transcurso.