Lun, 26 Abr 2010, 10:26
Asunto: Re: GRACIAS A TODOS LOS ORGANIZADORES DE CARRERAS
Absolutamente dacordo con 008:
a) Eu, despois de máis de 4 anos participando neste foro, sempre, sempre mantiven unha posición de respecto, admiración e tolerancia cos posibles erros, carencias ou limitacións das carreiras nas que corro.
E canto máis pequenas sexan as provas, cantas mais limitacións orzamentarias e humanas, máis loubanza merecen os que se poñen á frente. Lóxicamente debemos esixir máis ao que ten máis experiencia, mais cartos, mais coñecemento, mais medios en fin.
c) O que é inadmisible, por victimista, por tirar a pedra e esconder a mán, por pór a venda antes ca a ferida, por prurito localista/elitista é que en algún caso se xustifiquen erros, limitacións, improvisacións e carencias propias, baseándonos nun "colage" de "defectos" doutras provas, que máis ben céntrase nunha prova moi concreta que se disputou nun día moi concreto non fai moitos días.
Remato lembrando o traballo admirable, ás veces emocionante, feito en Montederramo, Outes, Ferreirúa, Cartelle, Meaño, Fisterra, A Broña, Boborás, Esgos, Toén, e moitos outros lugares onde os participantes casi sempre superan o número de viciños de feito destes pobos.
Esta é a maxia do atletismo popular.