Mér, 05 Mai 2010, 10:08
Asunto: Re: Fallece un corredor popular en Ourense
Ao fio desta luctuosa noticia, é oportuno lembrar que persoas como Manuel eran as que de verdade fortalecen o atlesimo popular. Persoas que non van a todas as carreiras, persoas que corren coa sua muller fora e dentro das carreiras, persoas que non viven pendentes dunha marca.
O que nos afasta doutros paises, doutras rexións é precisamente isto. A pesar do avance acadado nos últimos anos, non está ben visto ou no mellor dos casos ten moi pouca visibilidade correr por debaixo de 4,30, e xa non digamos de 5:00 minutos o quilómetro.
Eu corro feliz e contento cando vexo xente de todas as idades, de todas as constitucions físicas, de todos os niveis, e de todos os ritmos, nos entrenos e nas carreiras. Aqui está o chiste de correr respecto a outros deportes. Ainda nos falta esa cultura de base popular que noutras latitudes está xa consolidada.
Digo todo isto porque Manuel era un deportista popular con maíusculas: deporte polo deporte e non polos latóns, nin polo cronómetro.
Manuel tiña un nivel importante (rematou Maratóns, medias, populares diversas con tempos moi respetables) pero o relevante, e o que sempre prevalecau foi a sua condición de popular en esencia.
Sei que pode parecer insignificante, pero nunca esquecerei como na primeira Nocturna de Celanova, el foi toda a carreira acompañado pola sua dona e creo lembrar que tamén pola sua cuñada, non sei, a ritmo de 6 minutos quilómetro ou mais.
Eran so 7 quilómetros e non tuvo reparo ningun en participar a ese ritmo coa sua familia.
Pode parecer pouco relevante, pero acaso non estades dacordo comigo que hai moitos, moitos que xogan ao futbol, ao baloncesto, andan en bici, que "pasan" de participar na pedestre do seu povo para ir ahí atras, a ese ritmo.
Ese dia quiteime o sombreiro. Algúns como el, cada día mais, rachan co topico de "a canto vás", e foi exemplo de participación.
Por iso dixen que déixanos un popular exemplar onde os haxa (e perdón polo rollo).