Foros ›
Autor
Mensaxe
Bugarin

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
12/07/06
0 Carreiras
230 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 22 Mai 2010, 22:37
Asunto: ORI EN XUÑO

Hola:
a primeira fin de semana de xuño temos os catro días do minho e este ano é moi cerca da raia, animo. No calendario non o pon, pero as probas son xoves, venres, sábado e domingo, en Arcos de Valdevez. www.pontocom.pt/activi...ntacao.php
Se hai algún voluntario para facer unha posta dun relevo, fáltanos un para completar equipo. Interesados porse en contacto conmigo.

Outra cousa, estou vendo a proba do Caranza para o día 5 de xuño en Brión e xa hai bastante tempo que comunicaron que se adiaba para despois do verán en Abadín, Lugo. Digoo por si alguén estaba pensando en acudir. Non fun eu quen a coloquei no calendario e aínda que tentei modificalo non podo facelo.
Logo para o 19 temos proba en Oia, é un sitio impresionante, recoméndovos acudir, aínda que non sexa para facer orientación, audide para fecer sendeirismo e disfrutar dunha vistas espléndidas.
Un saúdo.
Bugarin

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
12/07/06
0 Carreiras
230 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 03 Xuñ 2010, 22:29
Asunto: Re: ORI EN XUÑO

Hola:
Hoxe mesmo fun ata Arcos de Valdevez a 50 minutos de Pontevedra e dende alí ás estribacións da Serra de Peneda Xerés (Porta de Mezio) uns 25 Km máis ó leste. Un sitio espectacular cheo de antas e mámoas por todos lados, impresionoume a conservación e abundancia de monumentos megalíticos funerarios. Pensei que os que conservamos en Galicia estaban en bo estado de conservación, pero quedei abraiado cando no medio do monte me fun atopando no meu percorrido antas de corredor perfectamente conservadas, agás algúns fentos que agochaban a entrada ou o seu interior.
Como ía dicindo o entorno máis ben parecía un museo arqueoloxico ó aire libre.
A carreira contaba con moitos controis e moi pretos, moitos cambios de dirección.
A miña carreira foi regular á espera da clasificación final e poder comparar cos demais. Estando lesionado so me quedaba saír e tentar rematar sen problemas graves para o sábado, día no que pensamos dar o do de pèito. Meteduras de pata no control 7, no 10 e gravísimo no 21 que foron acumulando un retraso que eu valorei en 14 minutos.
a4velas

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
21/05/10
0 Carreiras
244 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 04 Xuñ 2010, 16:42
Asunto: Re: ORI EN XUÑO

oye cuando es la proxima carrera de orienta
Bugarin

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
12/07/06
0 Carreiras
230 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 12 Xuñ 2010, 22:00
Asunto: Re: ORI EN XUÑO

PROXIMA CARREIRA:
O vindeiro día 19 de xuño, sábado, en Santa María de Oia, a carón do curro de Valga.
Cto. Galego de Orientación en distancia longa.
Organiza o Clube AROMON DE Pontevedra.
Un saúdo.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos